Pedro Duque, ministro de Ciencia

Pedro Duque, enxeñeiro aeronáutico e primeiro astronauta de nacionalidade española que viaxou ao espazo, será o próximo ministro de Ciencia do Goberno español. Así o avanzou La Sexta a primeira hora da mañá. Queda por determinar a denominación exacta e as competencias que terá o novo ministro, aínda que as primeiras informacións apuntan a que será a carteira de Ciencia, Innovación e Universidades.

Duque visitou Galicia en abril para participar na feira STEM Lab, un encontro educativo con rapaces e profesores

Hai menos de dous meses, Pedro Duque visitou Santiago para participar na feira STEM Lab Galicia, un encontro educativo no que se expoñían os proxectos de centros de ensino galego no eido da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

Publicidade

A primeira reacción pública de Duque ao seu nomeamento foi na súa conta de Twitter, cun texto na que lembraba a súa nai xunto a unha tira de Forges:

O novo ministro de Ciencia, nacido o 14 de marzo de 1963, é enxeñeiro aeronáutico pola Universidade Politécnica de Madrid (Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos) e académico correspondente da Real Academia de Enxeñaría de España desde abril de 1999. En maio de 1992 foi seleccionado para formar parte do Corpo de Astronautas da Axencia Espacial Europea, con base no Centro Europeo de Astronautas en Colonia (Alemaña). Tras prepararse na Cidade das Estrelas de Moscú e en Estados Unidos, Duque converteuse no primeiro astronauta de nacionalidade española en viaxar ao espazo en 1998, e regresou en 2003.

Publicidade

Tras uns anos en excedencia, Duqueregresou á ESA en 2011, onde retomou o seu posto de astronauta e mantén as cualificacións para un posible novo voo espacial. Actualmente é responsable do control e revisión de proxectos futuros.

Alén da súa carreira profesional, recibiu múltiples recoñecementos tanto en España como no exterior. En marzo de 1995 recibiu a Orde da Amizade de Rusia; en febreiro de 1999 o Rei de España impúxolle a Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico; e en outubro dese mesmo ano outorgóuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional, xunto cos astronautas Chiaki Mukai, John Glenn e Valery Polyakov.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy

Unha tatuaxe para curar as uñas: a técnica galega para mellorar o tratamento das enfermidades ungueais

Un equipo da USC desenvolve un método minimamente invasivo que aumenta a eficacia terapéutica para patoloxías como a psoriase