Ciencia

A Academia de Ciencias achegará ao Parlamento información científica “de calidade”

Os presidentes das dúas institucións asinan un convenio para asesorar científicamente aos deputados no desempeño das súas funcións

A Academia de Ciencias entrega os seus premios de Transferencia de Tecnoloxía e Xornalismo

Tres equipos de investigadores galegos e a xornalista Silvia R. Pontevedra, de "El País", recibiron os seus galardóns en Santiago

Por Santa Lucía, mingua a noite e medran… as tardes

Os seráns fanse máis tardíos a partir desta semana, pero haberá que esperar a finais de xaneiro para que comece a amencer máis cedo

Dous millóns para transformar o metano en fármacos ou combustibles

O investigador do CiQUS de Santiago Martín Fañanás é un dos beneficiarios da prestixiosa convocatoria Consolidator Grant da Unión Europea

A primeira misión para limpar o lixo espacial lanzarase en 2025

A Axencia Espacial Europea anuncia o proxecto ClearSpace-1, co que pretende capturar os restos dos obxectos que orbitan a Terra

Crean unha pel artificial que se repara a si mesma

Científicos da Universidade Nacional de Australia inventan un material resistente e capaz de forma, con potenciais aplicacións biomédicas

Novo fito da astronomía: unha nave achégase máis ca nunca á coroa do Sol

A sonda Parker realiza unha viaxe sen prcedentes ata a estrela, e achega nova luz sobre os seus mecanismos en catro artigos que publica "Nature"

Galicia cumpre 10 anos de estancamento no gasto en I+D

Os datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística volven situar á comunidade por debaixo da media española e europea

O detector galego Califa, listo para realizar medicións “sen precedentes”

O aparello, construído por un equipo liderado pola física Dolores Cortina, da USC, está xa instalado no acelerador FAIR de Darmstadt (Alemaña)

As aulas de Galicia, as mellores de España en ciencias

Os criterios do informe PISA sitúa á comunidade mesmo por riba da media da OCDE tanto en competencia científica como nas matemáticas

Marta Peirano: “Estamos adestrando algoritmos que se usan para cazar xente”

A xornalista, experta nas relacións entre tecnoloxía e poder, participou nunha xornada que organizou o Colexio de Xornalistas en Santiago

O cultivo de cana de azucre en Guatemala mellórase desde Lugo

O investigador centroamericano Adlai Ademir Meneses Ojeda presenta na Escola Politécnica do Campus Terra a súa tese de doutoramento

A constelación de Elon Musk xa dificulta a observación de meteoros

Os satélites de Starlink 'taparon' a observación da choiva de estrelas das Alfa-Monocerótidas, segundo constataron telescopios de varios países

Un investigador da UVigo deseña 22 novas famiilias de nanofluídos

Javier Pérez Vallejo desenvolveu na súa tese diversos tipos destes materiais con aplicacións en procesos de transferencia de calor

A NASA confirma a presenza de vapor de auga e posibles géyseres na lúa Europa

A investigación obtén a primeira evidencia directa mediante a medición das súas moléculas nun dos principais satélites de Xúpiter

Elia, a achega galega no traballo que detectou a gran explosión de raios gamma

A física ourensá, que traballa na Universitat Autónoma de Barcelona, participou na investigación publicada en "Nature" pola colaboración MAGIC