Premio para o pontevedrés Pablo Fariña na final estatal de Monólogos Científicos

Mozos de 3º e 4º da ESO demostraron que falar de ciencia e facelo con humor é posible. Un deles foi o pontevedrés Pablo Fariña, do Colexio Sagrado Corazón, de Placeres, quen gañou este venres o premio ó mellor guion no Concurso de Monólogos Científicos promovido pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), nun certame que percorreu diferentes cidades españolas durante o últimos tres meses.

De entre 10 cidades, 175 colexios e 11.545 alumnos de 14, 15 e 16 anos, só sete alumnos foron elixidos para a final que tivo lugar no Espazo Fundación Telefónica onde Claudia Prada conseguiu o título ao Mellor Monólogo; Gaizka Monxe ao Mellor contido científico; María Díaz ao Máis divertido; Meriem Abdelaziz á Mellor posta en escena; María Belén Herruzo ao Máis orixinal e sorprendente; Pablo Fariña ao Guion e relato mellor construídos; e Juan León á Maior capacidade de comunicación, levándose todos eles unha viaxe ao CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear, en Suíza, onde poderán saciar a súa curiosidade e ampliar o seu coñecemento científico da man de científicos que lles explicarán o seu traballo no eido da física.

Publicidade

monologos cientificos rapaces

Os temas científicos tratados polos alumnos nos seus monólogos foron moi variados. Desde os meteoritos que caen na Terra, as ondas do mar, a gravidade, a teoría do Big Bang, ata a física cuántica ou o movemento da Lúa e a súa relación coa Terra.

O monólogo de Pablo Fariña estaba titulado ‘Os meteoritos‘. Foi o mesmo con que gañou a fase galega, celebrada en la Cidade da Cultura de Santiago. Esta foi a segunda edición do proxecto ´Monólogos Científicos´, que contou co labor de 19 investigadores e profesionais de diversos eidos da ciencia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes