O IGFAE, nunha nova tecnoloxía de raios X para imaxe médica

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) lidera unha investigación para producir imaxes tomográficas de alta resolución

Un equipo liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia  conseguiu xerar raios X mediante unha nova tecnoloxía de aceleración de electróns usando pulsos láser ultracurtos. Esta é a primeira vez que o equipo produce raios X con pulsos láser de forma estable durante longos períodos de tempo, obtendo as primeiras imaxes tomográficas con esta nova fonte de raios X. En colaboración coa Universidade de Salamanca, os resultados do traballo foron publicados recentemente no último número da revista Physica Medica.

Esta investigación realízase no Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións (L2A2) da USC, equipado cun dos poucos sistemas láser que existen no mundo capaz de producir pulsos láser cunha potencia de 50 teravatios (1012 vatios, un billón de vatios). Como explican integrantes do equipo compostelán, ao focalizar estes pulsos sobre un material xéranse campos electromagnéticos moi intensos, capaces de acelerar en poucas micras (0,001 milímetro) partículas a grande enerxía. Esta tecnoloxía permitirá construír aceleradores de partículas compactos con aplicacións médicas no futuro.

Publicidade

“A vantaxe desta nova tecnoloxía é que, ao ter un foco xerador de raios X de dimensión micrométrica, conséguense imaxes de mellor calidade cunha menor cantidade de raios X”, asegura José Benlliure, investigador do IGFAE e coautor deste traballo. “Ademais, pódese aplicar unha nova técnica de reconstrución da imaxe, radiografía por contraste de fase, que permite visualizar materiais de diferente densidade, en particular tecidos biolóxicos”. Os investigadores do IGFAE puideron aplicar esta nova técnica tanto a radiografía convencional como a imaxes tomográficas en tres dimensións.

Recentemente, o IGFAE iniciou un proxecto en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Salamanca e a empresa Sedecal SL para estudar a posibilidade de utilizar esta nova tecnoloxía para desenvolver mamógrafos de alta precisión.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais

O galego Antón Baleato logra unha Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

O cosmólogo incorpórase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias

A primeira impresora 3D asistida por láser: así queren cambiar o futuro industrial dende O Porriño

O proxecto L3DO, apoiado polo programa Ignicia da Xunta, permitirá fabricar compoñentes máis resistentes, lixeiros e personalizados con termoplásticos de altas prestacións