O CiQUS de Santiago describre un ‘Xogo de Tronos’ a escala molecular

Os científicos Emilio Quiñoá e Félix Freire publican na revista Angewandte Chemie unha investigación con resonancias bélicas entre soldados e sarxentos moleculares

Investigadores do grupo de Polímeros Helicoidales, Sensores e Nanoestructuras do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares  CiQUS) da USC, liderados por Emilio Quiñoá e Félix Freire, conseguiron que a súa investigación no desenvolvemento de novos materiais intelixentes véxase recollida, por quinta vez nos últimos meses, en Angewandte Chemie, unha das revistas máis prestixiosas e de máis impacto no ámbito da Química a nivel mundial.

Este novo traballo, titulado “From Sergeants and Soldiers to Chiral Conflict Effects in Helical Polymers by Acting on the Conformational Composition of the Comonomers”, utiliza resonancias bélicas. Así, emprega termos como “sarxentos e soldados” e “conflito quiral”, que reflicten os distintos “enfrontamentos” que teñen lugar entre diferentes compoñentes moleculares en polímeros helicoidales para dirixir o sentido de xiro de hélice final no material.

Publicidade

O campo de batalla da comunicación quiral

Deste xeito, os autores do traballo fan unha analogía cun “xogo de tronos” para determinar quen goberna a estrutura do material (os polímeros). Neste xogo, os distintos compoñentes “loitan” para obter o poder e dirixir así a estrutura do material. A estes compoñentes chámanselles “sarxentos” ou “soldados” dependendo do rol que desempeñan en cada momento, que pode variar dependendo de alianzas externas ou factores ambientais. Nalgúns casos, esta loita polo poder pode acabar en táboas.

A achega constitúe un novo fito no estudo da comunicación quiral en macromoléculas, unha liña na que o grupo do CiQUS liderado por Félix Freire e Emilio Quiñoá é de referencia a nivel mundial, ao descubrir e nomear novos fenómenos nestes nanomateriales intelixentes. As súas potenciais aplicacións van desde o desenvolvemento de novos sensores ao almacenamento de información a nivel molecular.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia