Noticias falsas e persoas maiores: temos un problema

As supostas denuncias falsas por violencia de xénero, frases incendiarias por políticos das que non hai ningunha proba gráfica ou sonora, supostos vídeos de violencia exercida por persoas inmigrantes que realmente son doutro lugar e doutro tempo… Os taboleiros das redes sociais están enlamados desde hai tempo por noticias falsas e bulos que aumentan a crispación e o odio por cuestións ideolóxicas, de xénero, orixe ou relixión. E a dificultade para neutralizar as factorías de lixo é moi grande, debido a facilidade que calquera persoa ten hoxe en día para crear e compartir sen cancelas auténticas barbaridades.

Aínda que non é unha cuestión exclusiva de idade ou formación (hai, por suposto, exemplos de persoas xóvenes e con estudos que difunden este lixo) varios estudos sinalan que hai unha tendencia preocupante: as persoas maiores, en moitas ocasións pouco familiarizadas coas novas tecnoloxías debido á fenda dixital, comparten en moita maior medida contidos falsos a través das redes.

Publicidade

Gráfico que representa a media de veces que as persoas compartiron noticias falsas en cada grupo de idade. Fonte: Science.
Gráfico que representa a media de veces que as persoas compartiron noticias falsas en cada grupo de idade. Fonte: Science.

A revista Science Advances recolle esta semana un estudo realizado por investigadores das universidades de Princeton e New York que analizou as noticias falsas compartidas durante a campaña electoral das eleccións estadounidenses de 2016. E os resultados son preocupantes: “Atopamos un forte efecto na idade á hora de compartir as noticias falsas, alén da afiliación partidista ou a ideoloxía: de media, os usuarios maiores de 65 anos compartiron sete veces máis artigos de páxinas de noticias falsas ca o grupo de idade máis xoven”, sostén o estudo. Ningunha outra característica demográfica parece ter un efecto tan consistente no feito de compartir noticias falsas, o que convirte a idade nun factor moi notable”, engaden os autores.
Para isto, os investigadores recolleron unha mostra de 3.500 persoas para ver que contidos compartían en Facebook no entorno das eleccións de novembro de 2016. A definición de noticias falsas usada no estudo é a de aquelas que son “intencionadamente falsas, ou o contido erróneo creado a gran escala co propósito de xerar beneficios por publicidade”.

Os autores inciden tamén en que non é un feito que teña que ver coa ideoloxía. A correlación entre a difusión entre noticias falsas e idade era moito máis forte ca se se comparaba este feito coa adscrición a demócratas ou republicanos. Así, o diario El País, que se fai eco do estudo, recolle outras investigacións previas que corroboran o problema xeracional coas noticias falsas.

Publicidade

No caso do traballo publicado en Science Advances, os autores inciden na necesidade de crear contexto á hora de abordar o problema, xa que as persoas de maior idade “poden non ter o nivel de habilidades dixitais necesarias para determinar coa confianza suficiente a veracidade, ou non, das noticias que encontran na rede”.

Como axuda pode servir un decálogo de recomendacións:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

As plantas “falan” entre si? Un equipo galego explora un novo mecanismo de comunicación

Fungos, insectos e compostos volátiles revelan unha rede de conexión química entre vexetais máis complexa do que se pensaba

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais