Sábado 27 Abril 2024

Máis Pint Of Science ca nunca

Despois do éxito das anteriores edicións, Pint of Science multiplicarase en 2018 en Galicia. Vigo e Ourense sumanse a Santiago de Compostela e A Coruña na celebración deste encontro de ciencia nos bares, que pretende achegar o traballo que fan os investigadores aos lugares propicios para falar, escoitar, debater e preguntar. En total, máis de 30 charlas sobre diversos temas relacionados coa ciencia e a investigación.

Nesta lista podes consultar a programación completa:

Publicidade

Pint of Science Ourense

As charlas serán no local O Moucho (Rúa da Concordia, 17) ás 20 horas.

Luns 14:

De todo o visible e o invisible, por Humberto Michinel, catedrático de Física Aplicada da UVigo.

Explorando o baleiro, por Daniele Tommasini, físico do Campus de Ourense.

Martes 15:

Xogando con lume 2.500 anos despois, por Martiño Xosé Vázquez, arqueólogo do grupo Geaat da UVigo.

Eu tamén viciaba ao Age of Empires: Un romance entre a Historia e a Cultura Pop, por David Calviño, historiador da Universidad Autónoma de Madrid.

Mércores 16:

Somos todos xenios? creatividade, xenética e trastornos psiquiátricos, por Julio Rodríguez, investigador do IDIS de Santiago.

Matemáticas que moven a auga, o gas e o sangue, por Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC.

Pint of Science Vigo

As charlas serán no Café de Mario (Rúa Caracas, 5) ás 20 horas.

Luns 14:

En que se parecen o sistema nervioso e o inmunitario?, por África González, directora do Cinbio e catedrática de Inmunoloxía da UVigo.

Como bailan o cerebro e a música?, por Diego Fernández, investigador da UVigo.

Martes 15:

Internet das cousas… e das persoas, por José Carlos López Ardao, profesor da Escola de Telecomunicacións da UVigo.

Nanotecnoloxía: xogando con metáis na nanoescala, por Verónica Montes, investigadora da UVigo.

Mércores 16

Están xustificados os impostos?, por Jaime Aneiros, profesor de Dereito Financieiro e Tributario da UVigo.

O formigueiro humano bilingüe: así nos fai elixir idioma, por Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo da USC.

Pint of Science A Coruña

As charlas celebraranse en tres locais.

Cervezoteca Malte (Rúa Galera, 47) ás 19 horas.

Luns 14 (non hai charlas)

Martes 15:

Deseñando cerebros para robots que soñan, por Richard Duro, investigador de computación e intelixencia artificial da UDC.

Cowfort: a poderosa historia das vacas felices, por Ana Bugueiro, investigadora da USC.

Mércores 16:

Climate wars: as neveiras contraatacan, por Juan Bermúdez, investigador en Química Ambiental da UDC.

Amor e outras drogas, por Tamara Pazos, investigadora da UDC.

La Consentida (rúa Alfredo Vicenti, 35) ás 19 horas.

Luns 14:

Ictus: Que é? Como se prevén? Como se trata?, por Mar Castellanos, xefa de Neuroloxía do CHUAC.

Martes 15:

Agronomía mariña, pechando o círculo, por Javier Cremades, do grupo BioCost da UDC.

Vacinas, que falen os datos, por Bibiana García Visos, dos Museos Científicos Coruñeses.

Mércores 16:

Comprime un peito, salva unha vida, por Guillermo Aldama, cardiólogo do Chuac.

Caneca Furada (rúa Panadeiras, 20) ás 19 horas

Luns 14:

Formigón armado: o ataque dos thiobacillus e as bacterias contraatacan, por Fernando Martínez Abella, investigador da UDC.

Usando residuos para construír. A experiencia coa casa de mexillóns, por Diego Carro López, profesor de Enxeñaría na UDC.

Martes 15:

Por que tanto empeño en ir ata Marte? por Alejandro Cardesín, experto en misións a Marte da Axencia Espacial Europea.

Pide unha trape, cervexa e caza novos e sorprendentes planetas, por Borja Tosar, astrofísico.

Mércores 16:

Un laboratorio propio, por Joana Magalhaes, investigadora do Inibic-CICA da UDC.

No bar, falemos do fígado, por Julia Quintela, investigadora da UDC.

Pint of Science Santiago de Compostela

As charlas serán na Nave de Vidán (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44) ás 20 horas.

Luns 14:

Sete xigantes na palma da man, por Nieves Vidal, investigadora da IIAG-CSIC.

Trump non o cre, e ti? por Susana Bayo Besteiro, investigadora do EPhysLab da UVigo.

Que lle di un esqueleto a outro, por Olalla López Costas, arqueóloga da USC.

Intermedio a cargo de Manuel Vicente, director de Efervesciencia.

Martes 15:

Alimentación no século XXI: ademais de gordos, tontos? por José L. Pardo Vázquez, investigador da USC.

O teu cerebro faite engordar? Historias de ratos e humanos, por Rosa Señarís, catedrática de Fisioloxía da USC.

A obesidade, a nova epidemia do século XXI, por Fernando Cordio, investigador do Inibic.

Intermedio a cargo de José M. Viñas Diéguez, profesor do IES David Buján.

Mércores 16:

A prisión permanente revisable, por Miguel Abel Souto, profesor de Dereito na USC.

Que nos pode contar a xenética forense? CSI, verdades e mentiras, por Victoria Lareu, directora do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro.

A reinserción do delincuente, realidade ou utopía, por Xosé Antón Gómez Fraguela, profesor de Psicoloxía da USC.

Intermedio a cargo de Patricia Barciela, directora da Domus da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844