Localizan no Miño a caída dos meteoritos do Día das Letras 2016

Os restos do bólido diúrno avistado o Día das Letras Galegas de 2016 no sur de Galicia caeron probablemente nos termos municipais de Arbo e As Neves. A esta conclusión chegaron investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC e da Rede Española de Bólidos e Meteoritos logo dun exhaustivo estudo presentado recentemente na 48th Lunar and Planetary Science Conference que tivo lugar en Texas.

Imaxe dos dous bólidos caídos sobre Galicia en 2016.
Imaxe dos dous bólidos caídos sobre Galicia en 2016.

Os bólidos prodúcense cando pedras cósmicas de certo tamaño (meteoroides) que están describindo órbitas en torno ao Sol penetran na nosa atmosfera. Debido á gran velocidade coa que o fan e ao rozamento coas capas baixas da atmosfera dan lugar ao fenómeno luminoso observado, pero só cando o brillo que producen é superior ao do planeta Venus (magnitude -4) reciben o nome de bólidos; se non, son simplemente meteoros.

Publicidade

Numerosas testemuñas
Na tarde do 17 de maio de 2016 observouse un bólido diúrno no sur de Galicia que chamou a atención non só por verse a pleno día senón tamén polas sucesivas detonacións que escoitou moita xente do lugar, sobre todo do Baixo Miño. Testemuñas daquela zona pero tamén doutros lugares de Galicia como Guntín, Osebe, Vilagarcía ou o Xurés puxéronse en contacto co OARMA para dar conta do acontecido.

Dado o interese científico deste tipo de fenómenos (especialmente os diúrnos), os profesores e investigadores do Observatorio universitario –centro colaborador da Rede Española de Bólidos e Meteoritos (SPMN)– José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz desprazáronse á zona para conseguir a máxima información, en particular as coordenadas horizontais dos puntos de aparición e desaparición do obxecto así como o tempo de retardo do son percibido, entre outros detalles. Ademais, un veciño entregoulles unha fotografía da explosión final do bólido, na que aparecen referencias locais que permitiron obter a dirección con gran precisión.

Publicidade

Unha fotografía da explosicón final do bólido foi clave na investigación

Unha vez conseguidos os datos de observación, os investigadores traballaron na determinación da traxectoria atmosférica do obxecto xa que a partir dela, xunto con outros parámetros atmosféricos, se pode predicir a posible zona de caída de restos, o que se coñece como meteoritos. Así mesmo, se a información dispoñible o permite, é posible determinar a órbita do meteoroide antes de chegar á Terra.

Nesta segunda fase da investigación participaron tamén outros dous investigadores da SPMN, os doutores Josep María Trigo-Rodríguez, do Instituto de Ciencias do Espazo do CSIC e do Institut d’Estudis Espacials de Catalunya, e José María Madiedo, da Universidade de Huelva, que reconstruíron a traxectoria atmosférica e estimaron as órbitas máis probables da rocha que produciu a bola de fogo.

Así, concluíron que o bólido se desprazou desde unha altura de 95 quilómetros ata unha de 26 a longo da fronteira entre España e Portugal e durante uns tres segundos. Precisamente a baixa altura do punto final e as fortes detonacións escoitadas fan que a probabilidade de caída de meteoritos sexa bastante alta, sendo os termos municipais de Arbo e As Neves as zonas sinaladas polos investigadores.

48th Lunar and Planetary Science Conference
48th Lunar and Planetary Science Conference

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Condado á Ulloa: a loita do pobo galego contra as celulosas dende hai 50 anos

O investigador da USC Damián Copena investiga a intensa mobilización social nos setenta contra un proxecto que se pretendía instalar en Ponteareas

Bólido ou avión? O misterio do falso meteoro que cruzou o ceo da Coruña

Un artigo asinado por varios autores, entre eles o astrofísico Josep M. Trigo, introduce o termo "pseudobólidos" para englobar aqueles fenómenos que aparentan ser fragmentos de asteroides

O ceo énchese de luz: un novo bólido ilumina a noite en Galicia

O meteoro especialmente brillante foi avistado dende cidades como Vigo, Santiago ou Ourense, nunha xornada na que se rexistrou unha elevada actividade destes obxectos astronómicos na península

Cando a oposición popular impediu a construción dunha celulosa nas Neves

O concello pontevedrés acolleu en abril de 1976 unha reunión informativa sobre as posibilidades de instalar unha fábrica de papel que rematou co rexeitamento unánime dos veciños