A lección de Economía do doutor Kydland

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela acolleu este venres a charla do Premio Nobel de Economía Finn E. Kydland, que visitou a cidade convidado polo Programa ConCiencia. Na súa exposición, Kydland abordou os problemas de inconsistencia temporal aos que adoitan ter que enfrontarse as políticas económicas. Do mesmo xeito, demostrou que a sociedade podería beneficiarse dun compromiso previo con elas.

Unha das arelas de Kydland é que os Estados presten maior atención ás proxeccións a longo prazo na Economía para evitar estes problemas: “As expectativas que xera unha determinada política afectan á economía, por iso é importante estar preparados e contar con mecanismos que garantan a confianza nun modelo a aplicar cuxos resultados non se verían a curto prazo”, sinalou na súa intervención.

Publicidade

O investimento en I+D+i

A este respecto, e segundo sinalou no encontro cos medios de comunicación que mantivo o xoves, destacou o “imprescindible” investimento en tecnoloxía e investigación, algo “custoso e cun retorno tardío”, pero un escenario “que hai que garantir, porque se non é así os actores dese proceso non se van implicar nel porque non confían”. No seu encontro cos medios advertiu tamén do erro que supoñen os recortes en educación e I+D+i, “porque neste mundo actual cada vez máis necesitamos xente moi ben formada”. 

Kydland naceu en Ålgård (Noruega) en 1943. Graduouse na Escola Norueguesa de Economía (NHH) en 1968 e obtivo o doutoramento en Economía na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) en 1973, cunha tese sobre o plan macroeconómico descentralizado. En 1978 iniciou a súa traxectoria como docente na propia Universidade Carnegie Mellon. Os campos de investigación de Kydland son a economía xeral e política. As súas áreas principais do ensino e de interese son os ciclos económicos, a política monetaria e fiscal e a economía do traballo.

Publicidade

kydland in

Ademais de docente na Universidade de California-Santa Bárbara é tamén profesor adxunto do NHH de Noruega e da Universidade Torcuato Dei Tella de Buenos Aires (Arxentina). Desde que reside en Estados Unidos mostrou grande interese pola economía e a cultura dos países hispanos, de aí que coñeza profundamente as realidades de Arxentina, onde viviu e investigou, Colombia e Cuba.

Precisamente nestes dous últimos países centrou o seu interese desde o Observatorio de Investigación da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, que preside desde 2011, no que lidera estudos dirixidos a investidores españois sobre os mercados de Acerbaixán, Ucraína, México, Cuba e Colombia. Actualmente traballa na elaboración de estudos similares en Kazajistán e Bielorrusia. Coñecidas son tamén as súas contribucións macroecónomicas para o fin do illamento cubano. Alén da docencia, é consultor nos bancos da Reserva Federal de Estados Unidos de Dallas, Minneapolis e Cleveland.

O Programa Conciencia, da USC e o Consorcio de Santiago, trae a Compostela a Kydland coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, que este ano celebra o seu 50º aniversario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS