Sábado 4 Maio 2024

O Goberno rehabilita a sete científicos castigados pola ditadura franquista

Pasaron máis de oito décadas, pero hoxe foi reparada unha inxustiza. A da persecución que a ditadura franquista fixo dalgúns dos máis sobranceiros científicos españois, castigados por manter a súa lealdade ao sistema constitucional.

O Consello de Ministros celebrado hoxe en Barcelona devolveu as súas honras a estes sete investigadores, entre os que se contan Blas Cabrera e Pedro Carrasco, dous dos mellores físicos españois a comezos do século XX. E que de feito foron os anfitrións de Albert Einstein cando visitara Madrid en 1923. Con todo, o 10 de maio de 1941, a ditadura franquista ordenou que fosen desposuídos das súas medallas concedidas pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, xunto a outros cinco científicos excepcionais vinculados á Segunda República.

Publicidade

A proposta do ministro de Ciencia, Pedro Duque, e da ministra de Xustiza, Dolores Delgado, o Goberno declarou “o carácter radicalmente inxusto das disposicións polas que se acordou o cesamento destes sete extraordinarios investigadores”. En palabras de Ángeles Heras, secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación: “Era unha inxustiza, totalmente. A Idade de Prata da ciencia española truncouse coa guerra civil”.

O Goberno, explica, decidiu “restaurar todas as honras académicas” dos sete investigadores represaliados. Ademais de Cabrera e Carrasco, son o químico Enrique Moles, o naturalista Ignacio Bolívar, o astrónomo Honorato de Castro, o enxeñeiro de minas Enrique Hauser e o enxeñeiro aeronáutico Emilio Herrera, que chegou a ser presidente do Goberno da República española no exilio.

“Agora é o momento de que a democracia española honre e recupere aos que padeceron as inxustizas e agravios durante a ditadura, a través da reparación moral e a recuperación da súa honra e da súa memoria persoal e familiar”, sinalou o Ministerio de Ciencia nun comunicado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que é tan urxente que o Goberno español regule o acceso dos menores á pornografía?

Existen diferentes alternativas como métodos de intelixencia artificial de recoñecemento facial ou aplicacións de verificación da idade

Pedro Duque: “Medios rigorosos como Gciencia inspiran ás novas xeneracións”

O primeiro astronauta español felicita ao portal da ciencia galega polo seu décimo aniversario: “Necesitamos publicacións así”

Tres pequenas plantas que cambiaron o trazado dunha autovía

O Goberno publica cambios nos viadutos da autovía A-54 en Melide para salvar estas especies endémicas en alto risco de desaparición

A Universidade de Santiago capta oito millóns do Plan Estatal de I+D

Os grupos da institución compostelá acadaron, con 67 proxectos, o 44% do financiamento concedido a equipos de investigación en Galicia