Detectan partículas moi enerxéticas que predicira o IGFAE hai 25 anos

Institucións e universidades americanas e europeas levaron a cabo este descubrimento experimental no Relativistic Heavy Ion Collider, en Estados Unidos

É a primeira vez. Institucións americanas e europeas detectan unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (Estados Unidos) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns —protóns e neutróns— dos núcleos atómicos acelerados na colisión. É dicir, as partículas producidas son aceleradas de novo.

Mais este novo descubrimento experimental vai un paso máis alá, posto que confirma a predición teórica feita no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) hai 25 anos. Os investigadores asinantes dese estudo, publicado no 1996, son Néstor Armesto, Elena G. Ferreiro, Carlos Pajares, Mikhail Braun e Yuly Shabelski —estes dous últimos actualmente na Universidade de San Petersburgo—.

Publicidade

Acelerador da Cromodinámica Cuántica

Colisións de ións de ouro observados polo detector STAR do Relativistic Heavy Ion Collider. Foto: Brookhaven National Laboratory
Colisións de ións de ouro observados polo detector STAR do Relativistic Heavy Ion Collider. Foto: Brookhaven National Laboratory

Cando hai moitas colisións entre os nucleóns dos núcleos atómicos prodúcense efectos entre os seus constituíntes —os quarks— que posibilitan a produción de partículas máis enerxéticas que a que teñen os nucleóns individuais. Por este motivo, este efecto foi denominado QCD accelerator ou acelerador da Cromodinámica Cuántica —QCD, polas súas siglas en inglés—, a teoría que explica a interacción forte ou o comportamento entre os quarks e os gluóns.

Confirmación da predición

Ata o de agora as evidencias foran moi débiles e as incertezas demasiado altas comopara validar o modelo teórico do IGFAE. Non obstante, con estas novas medicións, as
primeiras en colisións de núcleos tan pesados como o ouro e o cobre, confírmase a
predición.

Publicidade

“As implicacións deste achado ‒explica Elena G. Ferreiro‒ poden supoñer un cambio
nos modelos actuais utilizados para explicar a composición e formación dos raioscósmicos, xa que estas partículas ultra enerxéticas poderían formarse na atmosfera.
Así mesmo, poderían descubrirse novas partículas”, apunta a investigadora do IGFAE.


Referencias: Evidence for a QCD accelerator in relativistic heavy-ion collisions (Physical Review C) e Fusion of strings and cosmic rays at ultrahigh-energies (Physics Letters B).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, clave no novo proxecto europeo para explorar unha das forzas fundamentais da natureza

O IGFAE e o CESGA participarán na iniciativa internacional HADRON-2030 poñendo a disposición o seu Quantum Computing Lab

A cuántica entra nunha obra de arte: o pintor galego que conecta coa incerteza física no IGFAE

O santiagués Andrés Rodís expón 25 pezas inspiradas na superposición, a observación e a relación entre o visible e o invisible no Museo Gaiás

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant