Reunión contra os invasores 'alien'

Alien Species Network pode soar a título de videoxogo. Mentres que a palabra ‘alieníxena‘ asóciase con extraterrestres, cando tamén significa ‘foráneo’ ou ‘estranxeiro’. O resultado é que A Coruña e Santiago non acollen un congreso sobre ciencia ficción, senón sobre ciencia real, que afecta a un problema global: as especies invasoras.
Durante dúas xornadas, o 16 e 17 de xullo, a Universidade da Coruña e a de Santiago reúnen expertos mundiais en invasións biolóxicas, convocados pola Alien Species Network, unha rede de investigación financiada pola Xunta de Galicia, na que se integran grupos das tres universidades galegas. Coordinada por Rodolfo Barreiro, do grupo BioCost da UDC, a rede ten como principais obxectivos afondar no estudo de especies alóctonas, así como contribuír a divulgar o problema que formula esta ameaza ambiental. Tamén serve para asesorar aos organismos oficiais.
As invasións biolóxicas representan unha da principais ameazas para a conservación da biodiversidade a nivel global. Durante os últimos anos, e dende as distintas administracións, investiuse unha gran cantidade de recursos na xestión das especies invasoras, incluíndo programas de divulgación, control e restauración. Igualmente, distintos grupos de investigación estudan os mecanismos e impactos destas especies.

A rede Alien Species Network reúne a investigadores das tres universidades galegas

“O mellor xeito de frear as invasións biolóxicas pasa necesariamente por concienciar á sociedade da problemática”, explicaba a GCiencia en entrevista Sergio Roiloa, investigador da UDC e membro da rede: “debemos comprender a grande ameaza das invasións biolóxicas, o impacto negativo que para a conservación da biodiversidade supoñen as invasións biolóxicas, e dos custos económicos que poden supoñer”. Roiloa, por exemplo estuda a presenza da ‘carpobrotus‘, unha planta que invade as dunas de Galicia, coñecida popularmente como uña de gato.
Pero a Alien Species Network estuda tanto vexetais como animais que chegan dende afastados destinos e ameazan á flora e a fauna locais. A globalización non fixo senón aumentar a ameaza. Entre os participantes no Workshop internacional cóntanse algúns investigadores relevantes no estudo das invasións biolóxicas, así como membros das distintas administracións responsables da xestión de especies exóticas. Entre eles, estarán Fabio Bulleri, da Universidade de Pisa, Christine Maggs (Bournemouth) Elizabete Marchante (Coimbra), Ana Novoa (Stellenbosh), Xavier Lambin (Aberdeen), Francisco Arenas (Porto). Estes serían os científicos ‘alóctonos’, pero tamén hai investigadores ‘autóctonos’ como Rubén Retuerto (USC), Francisco Alemany (IEO Baleares), Rodolfo Barreiro (UDC) ou Luís González(UVigo). O cumio contra os invasores alieníxenas será na Coruña o 16 e 17 de xullo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela