Convocados os II Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 30 de xuño o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2016. Nesta segunda edición, o certame engade unha terceira categoría, o que eleva a 28.000 euros netos a contía total dos premios.

premiosragc

Os galardóns recoñecerán o mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada e os mellores casos de éxito empresariais de transferencia de tecnoloxía. Ao premio xa convocado o ano pasado para pemes súmase este ano o que se lle concederá a unha gran empresa.

Publicidade

A RAGC e a GAIN colaboran de novo na organización deste certame baixo a premisa de que a axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo é unha estratexia prioritaria a nivel global para incrementar o desenvolvemento socioeconómico de calquera territorio. No caso de Galicia, estes procesos veñen sendo impulsados con resultados que convén recoñecer a través de casos de éxito que sexan difundidos á cidadanía e sirvan como referencia inspiradora para investigadores e empresarios.

A primeira modalidade dos premios está dirixida a grupos científicos que desenvolvan investigación aplicada e que estean adscritos a centros tecnolóxicos ou de investigación ubicados en Galicia. Entre as candidaturas presentadas seleccionarase a que mellor represente a contribución dun traballo de investigación ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia a través da transferencia dos seus resultados ao mercado. A dotación do premio ascende a 6.000 euros netos, aos que se suma unha axuda de 4.000 euros para a formación dun membro do equipo gañador, durante unha estancia de entre dous e tres meses nun centro de investigación de fóra de Galicia.

Publicidade

Os dous premios empresariais van dirixidos ás pemes galegas e a grandes empresas

As dúas modalidades empresariais buscan os casos de éxito máis representantivos de innovación acadada a partir da transferencia de tecnoloxía. A primeira delas vai dirixida ás pemes galegas (incluíndo as micropemes) que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto con un ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. Neste caso, a dotación do galardón ascenderá a 12.000 euros netos.

No caso das grandes empresas, o premio tomará como referencia os mesmos méritos que se valorarán nas pemes, coa diferencia de que o premio para a empresa terá carácter honorífico e o grupo de investigación percibirá 6.000 euros netos en concepto de apoio ao seu traballo no eido da transferencia de coñecemento.

O detalle das bases e da documentación a entregar
poden consultarse neste enlace da RAGC

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Xurxo Mariño recibe o Premio de Divulgación da RAGC: “A cultura científica contribúe nunha cidadanía crítica”

O galardón recoñece o labor do investigador da Universidade da Coruña, que leva máis de tres décadas difundindo coñecemento científico dende Galicia

Consecuencias da invasión

A ameaza dunha alga asiática que xa está en Galicia

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo