Un traballo do CiQUS, entre os 10 artigos de Química máis innovadores do 2016

Hai aproximadamente un ano, un equipo de investigadores do CiQUS  da Universidade de Santiago de Compostela e da empresa IBM describía nun novo traballo a metodoloxía que lles permitira observar por primeira vez a escala atómica unha reacción química coñecida como a Ciclación de Bergman, usando a técnica de Microscopía de Forza Atómica (AFM). O traballo, publicado na portada da revista Nature Chemistry, obtivo un grande impacto na súa área.

Agora, de novo a revista Chemistry World (unha publicación que recolle as noticias máis relevantes da área, e editada pola Royal Society Of Chemistry), seleccionou esta investigación entre os dez mellores artigos máis innovadores do 2016, recoñecendo así unha vez máis o traballo do investigador do CiQUS Diego Peña Gil e os seus colegas do IBM Research Center en Zurich.

Publicidade

As imaxes obtidas mediante Microscopía de Forza Atómica (AFM) abraiaron ao mundo nos últimos anos. No seu traballo de 2016, os investigadores usaron esta técnica para explorar o mundo molecular con exquisito detalle. Nunha nova colaboración do profesor Diego Peña Gil cos seus colegas do IBM Research Center (liderados por Leo Gross, principal autor do traballo), os científicos conseguiron inducir unha reacción química reversible (a Ciclación de Bergman) sobre unha única molécula, utilizando pulsos de voltaxe aplicados coa punta dun microscopio de Efecto Túnel (STM), para posteriormente analizar os resultados mediante a técnica AFM. Os pulsos permitiron en primeiro lugar romper os dous enlaces carbono-bromo da molécula, e a continuación romper unha ligazón carbono-carbono común a dous aneis de seis membros, formando un único anel de dez membros. Un pulso adicional permitiu reverter o proceso, xerando de novo os aneis hexagonales, o que supón unha especie de conmutador molecular.

«Trátase dunha reacción fascinante», asegura Peña. «A finais dos anos 80 observouse que o mecanismo de acción dalgunhas sustancias antitumorais estaba baseado nesta reacción, o que, naturalmente, atraeu unha grande atención da comunidade científica. Dende entón, esta converteuse nunha reacción moi coñecida no ámbito da química orgánica, polo que é unha gran satisfacción visualizala por primeira vez con resolución atómica», conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos