Ferrol acollerá un máster de videoxogos no curso 2018/2019

A Universidade da Coruña deu onte un novo paso nas liñas estratéxicas que pretenden convertir ao Campus de Ferrol nun polo de titulacións industriais. O reitor, Julio Abalde, presentou a proposta dos novos graos e mestrados que se poñerán en marcha nos vindeiros cursos. Entre eles, destaca o Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, que se poñerá en marcha con 20 prazas no curso 2018/2019.

Abalde subliñou que “o campo dos videoxogos é un sector emerxente no que Galicia xoga un papel importante”. Os perfís de ingreso no máster, que terá 120 créditos, serán, sobre todo, titulados de Deseño, Comunicación Audiovisual, Informática, Enxeñaría Electrónica e Industrial, aínda que tamén está aberta a porta a outros estudantes.

Publicidade

Haberá tamén un Mestrado de Deseño Industrial e outro de Informática e Robótica

Tamén no curso 2018/2019 agárdase que boten a andar o Grao en Xestión Industrial da Moda, con 45 prazas, e o Mestrado Universitario en Deseño Industrial coas especialidades de Xoias, Mobles e Automoción (20 prazas). O primeiro deles terá dúas modalidades de impartición, unha totalmente en inglés e outra bilingüe, e os contidos irán enfocados a formar profesionais de toda a cadea da moda e parte da súa formación será en empresas deste sector. Pola súa parte, o mestrado de Deseño Industrial ofrecerá tres especialidades e pretende completar a formación especializada dos titulados na escola ferrolá.

Para o seguinte curso está previsto comezar con dous novos mestrados: un de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Moda e outro de Informática Industrial, Automática e Robótica. Ambos os dous terán 20 prazas. Ao de Moda poderán acceder titulados en Administración e Dirección de Empresas, Publicidade, Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual, etc. Pola súa parte, o de Informática e Robótica será interuniversitario e ofrecerase un dobre título cunha universidade estranxeira.

Os mestrados terán unha oferta de 20 prazas; o grao de Moda, 45

Segundo o reitor coruñés, é unha proposta “ambiciosa“, que pretende que “o Campus de Ferrol sexa un referente para os distintos sectores económicos implicados”. Sobre as dúas titulacións relacionadas coa moda, Julio Abalde quixo destacar que o sector supón o 25% do PIB de Galicia e o 2,5% do PIB do conxunto do Estado. Sinalou tamén que a proposta foi recibida favorablemente polos decanos e directores dos centros de Ferrol, así como polas empresas dos sectores implicados, coas que se contactou para que participen tanto na formación dos futuros alumnos como nas prácticas.

Na presentación destes proxectos tamén estiveron presentes a vicecerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, o director do Campus Industrial de Ferrol, Ginés Nicolás, ademais da adxunta da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, Mariló Candedo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un videoxogo nado en Ferrol gaña o Premio á Mellor Arte nos iokool PlayStation Talents

Seis antigos alumnos da UDC recibiron o galardón por 'Avy, fábulas da noite', o xogo dunha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos

Limpar os cascos dos barcos con tecnoloxía láser: novos avances da ciencia galega

Profesionais do Campus Industrial de Ferrol amosan os resultados preliminares dunha investigación centrada na limpeza de embarcacións de fibra de vidro

Un equipo de Ferrol acha un novo modo de fabricar envases con residuos orgánicos

Investigadores da UDC traballan nun proxecto europeo para obter produtos para o sector do envasado e a embalaxe no eido da alimentación

Jaime Martín, da UDC, recoñecido como “investigador emerxente” en ciencia de materiais

A investigación do científico do campus de Ferrol enmárcase dentro dunha nova estratexia na electrónica orgánica