Buscan científicos dispostos a vivir durante un ano na Antártida

A máis de 3.000 metros de altura e moi preto do polo Sur, na Antártida, está a estación Concordia, un dos lugares máis hostís nos que o ser humano se empeñou en estar. A temperatura media é de -51°C, que “sobe” ata -30 °C no verán e cae ata os -60 °C durante o inverno, aínda que se pode chegar a cotío a baixar dos -80 °C. Alí está na actualidade Carmen Possnig, unha científica que, segundo explica a Axencia Espacial Europea (ESA), “é unha especie de astronauta” facendo experimentos na Terra. Carmen traballa xunto a preto de 20 científicos que viven alí durante o inverno, case sen luz solar, prácticamente incomunicados e á espera da chegada do equipo de verán, máis numeroso, que está a piques de comezar a súa estadía.

A base Concordia está a 3.000 metros de altitude e no exterior hai unha temperatura media de -51°C

Carmen Possnig xa ten substituta: a doutora danesa Nadja Albertsen, que se está preparando no centro para astronautas que a ESA ten en Colonia (Alemania), debido ás duras condicións ás que se ven sometidos os investigadores por permaneceren tanto tempo nun ambiente tan xélido e hostil. Pero despois de Albertsen, a misión debe continuar, e a Axencia Espacial Europea acaba de lanzar un concurso para buscar investigadores médicos que queiran pasar un ano (entre finais de 2019 e finais de 2020) vivindo na estación Concordia.

Publicidade

A investigadora Carmen Possnig, traballando na base Concordia da Antártida. Foto: esa.int.
A investigadora Carmen Possnig, traballando na base Concordia da Antártida. Foto: esa.int.

“O traballo que fan os nosos doutores na Antártida é indispensable para preparar as futuras expedicións espaciais”, sinalou Jennifer Ngo-Anh, unha das responsables do programa. Do mesmo xeito que está facendo Carmen e fará Nadja, os científicos que viaxen ao Polo Sur deberán facer experimentos e estudar como estas condicións inflúen no seu propio corpo: no cerebro, ou na presión sanguínea, ademais de ver cómo os organismos poden adaptarse ás situacións extremas para as formas de vida que coñecemos na Terra.

“O entorno é duro, e a experiencia non vai ser coma un paseo polo parque, pero serás parte da exploración humana do Sistema Solar, e garantizamos que nunca vas esquecer isto“, din desde a ESA.

Publicidade

Condicións

Entre os requisitos, a ESA subliña que a investigadora ou investigador debe ter un doutoramento en ciencias médicas e experiencia laboral no eido; gran interese pola investigación médica e psicosocial, experiencia de laboratorio, moi bo nivel de inglés, ademáis de recomendar bo nivel de francés e italiano (xa que a instalación forma parte do programa polar destes dous países), unha excelente saúde e condición física, ningún tipo de adiccións, e ser cidadán ou residente nun país membro da ESA. Terase tamén en conta a experiencia previa en entornos salvaxes e extremos, así como o coñecemento da investigación espacial.

Os interesados deberán enviar o seu CV e unha carta de motivación á ESA antes do 14 de xaneiro de 2019. A partir desta información, seleccionaranse entre 3 e 5 candidatos para participar nun recoñecemento médico e psicolóico e unha entrevista persoal. Con estes resultados, o elixido comezará a súa preparación no verán de 2019 antes de partir cara a Antártida ao final dese ano.

Máis información na web da Axencia Espacial Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía