As nanoestructuras abren a porta a creación de novos materiais

O Grupo de Química Coloidal leva anos traballando na síntese de nanopartículas metálicas, a súa caracterización e o seu posterior uso con diferentes finalidades que dependen principalmente da natureza e composición das nanopartículas que se sintetizan. Dende 2013 está inmerso nun proxecto financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e cunha dotación de 180.000, que rematará en 2016.
Á fronte deste proxecto está o profesor Jorge Pérez-Juste, do Departamento de Quimica Física da Universidade de Vigo, que explica que o obxectivo é o deseño e aplicación de metodoloxías sintéticas do campo da nanoquímica e a ciencia de coloides para o desenvolvemento de novas plataformas nanoestruturadas multifuncionais. Entre as aplicacións está a potencial mellora dos catalizadores comerciais, facilitando a súa reutilización ou tamén ten utilidades no campo da biomedicina, para o desenvolvemento de biosensores, segundo informa M. Del Río.

Jorge Pérez-Juste.
Jorge Pérez-Juste.

“Estas nanoestruturas estarán baseadas na ensamblaxe de nanopartículas metálicas sobre membranas porosas de alto interese tecnolóxico”, destaca Pérez Juste. Explica o profesor que mentres as nanopartículas metálicas se empregarán para o deseño de novos catalizadores “de alta eficacia e reciclabilidade”, as nanopartículas de óxidos de metais de transición (como níquel, cobalto e cobre) empregaranse para o desenvolvemento de biosensores baseados na inmobilización de proteínas.

Pérez-Juste lidera o proxecto, financiado polo ministerio con 180.000 €

O investigador explica que a combinación desta tecnoloxía vangardista en campos tan interdisciplinarios como son a química, a ciencia de materiais, a nanotecnoloxía e a bioloxía “agárdase que ofreza resultados impactantes para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en España e Europa”. Subliña que ademais encaixa perfectamente dentro dos Retos da Sociedade Enerxía e Saúde identificados na Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación 2013-2020, así como nas Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais e máis en concreto a nanotecnoloxía e os materiais avanzados.
A fabricación dos materiais nanoestruturados con propiedades ben definidas require un alto grao de control, segundo Pérez Juste, e débese atender por un lado, á morfoloxía e tamaño das nanopartículas e, por outro lado, á súa ensamblaxe sobre as membranas. “Os métodos de fabricación e ensamblaxe baseados na Química Coloidal teñen demostrado ser unha boa alternativa para o desenvolvemento de novos materiais avanzados” e, por iso, aposta porque os primeiros obxectivos deste proxecto sexan “a fabricación e caracterización de nanopartículas metálicas e a súa ensamblaxe controlada sobre membranas porosas”, neste caso de papel de celulosa.

Publicidade

O obxectivo é crear materiais avanzados de maneira rápida e sinxela

Unha vez fabricados os materiais o seguinte obxectivo é demostrar a súa aplicabilidade tanto no campo da catálise como dos sensores. No caso das nanoestruturas baseadas nas nanopartículas metálicas, analizase a súa eficiencia catalítica e a súa reciclabilidade en reaccións de acoplamento cruzado, “reacciones de grande importancia no campo da química sintética e farmacéutica”. No caso de nanoestruturas baseadas en óxidos metálicos desenvolven biosensores baseados na inmobilización de péptidos, encimas ou proteínas. Os biosensores aplicaranse para a detección multiplex de anticorpos recombinantes ou o screening de moléculas inhibitorias da interacción peptídica.
O proceso para facer as membranas nanoestruturadas, neste caso en papel de celulosa, comeza inmobilizando ou pegando nel diferentes tipos de partículas. O obxectivo é dobre, sinala o investigador. “Por un lado temos as partículas de tamaño nanométrico e inmobilizámolas nun substrato que é macroscópico”. Os papeis pódense facer das dimensións que se queira, e as partículas ao estar inmobilizadas pódense empregar “dunha forma moito máis sinxela”. Esta inmobilización é case permanente, segundo Pérez Juste, polo que retirando o papel do substrato tamén se eliminan as partículas, o que permite a súa reutilización.
O proxecto arrancou en 2013 e ata o momento xa desenvolveron ensaios con diferentes partículas, como óxido de níquel, paladio e agora comezan a traballar con ouro, aínda que ata 2016 teñen previsto traballar con máis. Os primeiros ensaios xa están publicados e de cara o futuro, barallan tamén a posibilidade non só de novas partículas, senón de variar o tipo de membrana e traballar, en lugar de con papel, con outras como hidroxeles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN

Así é a quiralidade, unha propiedade determinante para o deseño de medicamentos

O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO crea diminutas partículas de ouro para a diagnose e tratamento de enfermidades como o cancro

Canto máis pequeno, máis sensible: así axuda a nanomedicina galega a diagnosticar enfermidades

Persoal investigador do CINBIO aproveita as propiedades ópticas únicas das partículas de menor tamaño para aumentar a capacidade de detección dos biosensores