Unha galega, subcampioa do mundo de monólogos

A bióloga coruñesa Alba Aguión xa é a subcampioa do mundo de monólogos científicos. Só o representante de Malasia logrou impoñerse á galega na final mundial do certame Famelab, celebrada no Energy Arena de Chestelham, no Reino Unido.

Aguión mudou desta volta o seu monólogo e elixiu como  tema unha defensa das cigarras, sempre mal vistas nos contos populares fronte ás formigas. Nunha actuación en inglés, a bióloga galega, que xa foi a campioa de España neste certame,  gañou o aplauso e as gargalladas do público.

Publicidade

Exipto, Australia, Grecia, Estados Unidos, Reino Unido, Suráfrica, Italia, Catar, Malasia, Polonia e Chipre foron os seus rivais na final, tras clasificarse en semifinais.

Alba Aguión, de 26 anos,  é colaboradora de GCiencia, con artigos na bitácora ‘Ecoloxía Azul’Famelab é un concurso internacional que pretende fomentar a divulgación científica a través de monólogos e que cultivou un gran éxito nos últimos anos, xa que desde 2007 se celebra en 25 países do mundo coa participación de máis 5.000 investigadores.

Publicidade

Aquí podes ver a actuación de Aguión na final en Chestelham:

3 COMENTÁRIOS

  1. Por favor, campioa, non *campeoa nin *campeona. Semifinais e non *semifinales. Elixiu e non *elixíu. Que […] se celebra e non *que […] celébrase. 5 erros nun texto de 174 palabras bota por terra a rigorosidade que se espera dun medio coma o voso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González