Venres 26 Abril 2024

Tecnoloxía para o automóbil 4.0

En ocasións as mellores ideas non consisten nunha grande innovación tecnolóxica senón en ser quen de facer que un custoso sistema industrial se poida converter nun dispositivo moito máis barato e que pode permitir dedicar recursos a outras cousas. Este é o caso de Merasys, unha spin-off que naceu dentro do grupo Itera e que se está a desenvolver coa colaboración da iniciativa Business Factory Auto (BFA) que, impulsada pola Xunta a través de Gain, aposta por apoiar iniciativas innovadoras no sector da automoción.

Carlos Parrilla, director de I+D de Merasys
Carlos Parrilla, director de I+D de Merasys

Carlos Parrilla, fundador e responsable de I+D de Merasys, explica que o proxecto xurdiu cando PSA Peugeot expuxo ao grupo Itera (dedicado ao sector da automoción) a necesidade de desenvolver unha nova tecnoloxía para dispositivos de visión artificial a empregar na industria do automóbil. O obxectivo era o de crear aparellos de baixo custo, robustos, fiables e adaptables a diversas liñas de produción. As persoas que se implicaron no proxecto proceden do grupo de investigación CIMA, pertencentes á Escola de Enxeñeiros Industriais da Uvigo.

Publicidade

A idea presentouse ao programa BFA e foi admitida para desenvolver esta nova tecnoloxía. Ademais, recibiron unha axuda do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para poñer en marcha un proxecto de I+D. Na actualidade está a desenvolverse o hardware e o software para a posta en marcha dos dispositivos e o obxectivo é que poidan comezar a funcionar cara a finais de 2019.

En Merasys traballan entre seis e oito persoas e espérase que unha vez que se desenvolva o novo dispositivo de visión artificial este poida empregarse tanto nas instalacións de PSA en Vigo como noutras fábricas de automóbiles doutras partes do mundo.

Ademais, os dispositivos poderanse adaptar para funcionar noutro tipo de factorías industriais. “É unha tecnoloxía que conta con moita demanda porque entra dentro da industria 4.0. que, neste caso, permitiría substituír un procedemento de inspección ocular por un sistema automatizado. En Europa este tipo de tecnoloxías están moi en boga e en zonas menos avanzadas como África tamén poden empregarse, xa que poden servir para mellorar a calidade dos produtos que se fabrican”, explica Parrilla, quen actualmente traballa en Marrocos dentro do grupo Itera.

No futuro o obxectivo podería centrarse en desenvolver sistemas de control baseados no Big Data

Ademais deste dispositivo, que pode considerarse o produto estrela dos que desenvolve Merasys, a empresa tamén traballa con outro tipo de aparellos de control, como os empregados nos procesos de cataforesis (método de pintado por inmersión aplicado en diversas industrias) ou os “slaves”, que se utilizan para monitorar as cubetas nas que se crían os lagostinos.

Contrólanse parámetros como a temperatura, o pH, a salinidade ou a turbidez da auga. O responsable de I+D de Merasys apunta que cara ao futuro o obxectivo podería estar no desenvolvemento de sistemas de control baseados no uso do Big Data. A tecnoloxía de visión artificial permite obter un gran número de datos sobre os procesos industriais que permitirían avanzar na dirección sinalada. “Desta forma poderiamos aproveitar os beneficios dunha tecnoloxía que nós mesmos estamos a desenvolver”, indica Parrilla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

Volve o túnel de Xibraltar que soñou Comerma

O enxeñeiro establecido en Ferrol deseñou unha vía submarina de 19 quilómetros para comunicar Europa e África

Enxeñería solidaria para rachar coa fenda dixital: “Ter acceso á rede é unha necesidade básica”

Estudantes da Escola de Enxeñería da UVigo recompoñen equipos informáticos vellos para facelos funcionais e doalos a persoas que os precisan

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos