Venres 26 Abril 2024

O Instituto Cervantes recomenda dicir ‘Orense’, ‘Rianjo’ e ‘Sangenjo’

Presentan a súa nova obra sobre dudas no castelán, que prefire que se usen os topónimos castelanizados

Revive a polémica cos topónimos. O pasado xuño de 2018, a Real Academia Española recomendaba nun tuit usar o topónimo castelán ‘Sanjenjo‘ (cando en realidade sería ‘Sangenjo’). E agora o Instituto Cervantes presenta o seu novo libro “Las 100 dudas más frecuentes del español”, en el que recomienda utilizar los topónimos de Galicia castelanizados.

Un dos apartados da obra resposta a seguinte pregunta: “Hai que dicir ‘Vou de viaxe a Lleida ou a Lérida‘?” E responde que a segunda é a indicada “porque o resto da frase está en castelán. Moitos lugares de zonas bilingües teñen dúas formas (Ourense, Orense…)” e a elección do topónimo “virá determinada pola lingua que se estea utilizando”.

Publicidade

Presentación do novo libro no Instituto Cervantes.

Os propios autores da obra, presentada hoxe polo Instituto Cervantes, recoñecen que, dende 1992, o Senado aprobou por exemplo que a denominación oficial fose Lleida. Pero decontado afirman que “se unha das dúas denominacións está asentada, é a que pensamos que se debe usar”, sinalou unha das autoras do libro, a filóloga Luna Paredes. “En todo caso, non somos taxativos en xeral, por iso indicamos que hai unhas opcións preferibles a outras”.

Segundo esta nova obra do Instituto Cervantes, deben ser empregados os topónimos castelanizados de Galícia, e dicir por exemplo Sangenjo, Puenteareas, Rianjo, La Coruña, Carballino ou Vivero.

Dende 1983, está regulado en Galicia pola Lei de Normalización Lingüística que os topónimos “terán como única forma oficial a galega”. Deste xeito, non se poden empregar topónimos castelanizados nas administracións públicas, por exemplo.

Esta nova polémica chega despois da desatada en xuño de 2018, cando a Real Academia Española publicou o seguinte tuit: “Fóra de usos oficiais, en español recoméndase usar a forma tradicional española do topónimo, que é Sanjenjo”. Este comentario provocou reaccións da Real Academia Galega e de escritores como Francisco Castro, Xosé Luis Méndez Ferrín ou Ledicia Costas. E unha ampla repercusión en Galicia.

Pero daquela a RAE xustificou o uso de ” Sangenjo” a través de tuits con fragmentos da obra de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) que inclúen “Sangenjo” pero tamén “Orense” ou “Rianjo”. “A grafía tradicional en lingua castelá é Rianjo, que conta con documentación nos nosos bancos de datos polo menos desde finais do século XVI”, escribiu daquela a RAE.

2 COMENTÁRIOS

  1. O problema nom é só coas denominaçons assentadas, o problema é que despois viram tolos nomes que lhes semelha. Dizer Lérida e nom Lleida é como dizer Londres e nom London, de acordo, é defensável. Mas nom pode defender-se nomes como Rianjo ou como todas as Villanueva.

  2. outra vaca no millo

    non hai que enganarse, esto chámase ignorancia
    e como colan estas cousas pois inventan outras
    aínda lembro a wikipedia en español dicindo que nos anos sesenta A Capela se chamaba La Capilla
    e a Barallobre lle cambiaron o topónimo porque o poñía nun blog ferroviario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Os homes len en galego 27 palabras máis por minuto que as mulleres

A filóloga Carme Hermida cre que elas son menos veloces porque practican unha lectura máis atenta ca eles

“Idadismo”, “trans” ou “cis”: o Dicionario da Academia incorpora 400 novos termos

Tamén entran voces que designan realidades, produtos ou servizos como “deporte electrónico”, “alfábega” ou “tren de proximidade”

‘Candorca’, ‘ecocidio’, ‘comadre’, ‘inflación’, ‘autoestima’ e ‘resiliencia’ optan a Palabra do Ano

A votación temática promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié permanecerá aberta ata o 25 de decembro