Xoves 28 Marzo 2024

Atopan a tumba de Ulf ‘O Galego’, o caudillo viquingo que arrasou Galicia

Un arqueólogo danés vén de atopar unha tumba capital na cultura escandinava. E tamén moi relacionada con Galicia. Porque os achados realizados no interior dunha tumba viquinga, entre eles unha espada e os aparellos dun cabalo, casan perfectamente con Ulf ‘O Galego’ (Ulv Galiciefarer), o xefe viquingo famoso polos seus ataques a territorios galegos de 1028 a 1048.

Lugar onde se atopa a tumba de Ulf O Galego
Lugar onde se atopa a tumba de Ulf O Galego

A revista National Geographic publica que o arqueólogo danés Bjarne Henning Nielsen, conservador do Museo Vesthimmerlands, está convencido de que localizou a tumba de Ulf ‘O Galego’, coñecido en danés como Ulv Galiciefarer, un caudillo viquingo que atacou e saqueou Galicia no século XI, durante o reinado de Bermudo III (1028-1037) ou de Fernado I (1037-1065). Ulf era de familia nobre, pois foi o bisavó de Valdemar o Grande, o rei de Dinamarca entre 1157 e 1182. “A tumba formaba parte, con toda probabilidade, duns terreos que Valdemar o Grande herdou do seu pai, quen á súa vez os herdou dos seus antepasados, incluído Ulf ‘O Galego'”, explicou Henning Nielsen a National Geographic, que dedica unha reportaxe especial ao novo achado. “Sei que todo isto é moi complicado, pero creo que teño razón”, asevera o investigador.

Publicidade

A tumba pertence sen dúbida a un guerreiro viquingo, pois en 1951 se tiña escavado por primeira vez por mor dunhas obras nunha estrada e xa se atoparan varios obxectos: unha espada, dous estribos de cobre para cabalgar, outros aparellos para montar dacabalo e incrustacións de prata. A escavación realizouse de xeito precipitado e a tumba foi cuberta de novo con terra ata que foi redescuberta anos despois polo Museo Vesthimmerlands. Nestes novos traballos foron atopadas 24 tumbas máis, a maior parte delas opulentas e tamén pertencentes á era viquinga.

A tumba conserva a espada do xefe viquingo Ulv Galiciefarer

“Descubrimos que o guerreiro viquingo foi enterrado nunha estrutura funeraria feita de madeira, xunto coa súa espada, os seus estribos, e algúns ósos procedentes das patas dianteiras dun leitón. Na base da tumba tamén se descubriu unha peza da espada, duns dez centímetros de longo, o que significa que a arma era máis longa do que se cría”, comenta o arqueólogo. A estrutura de madeira e unha inscrición parcial na espada indican unha data algo posterior ao ano 1000″, conclúe.

Ulf ou Ulv ‘O Galego’ aparece na saga Knýtlinga, unha das principais fontes sobre a súa vida. Nela cóntase que partiu “bravamente coa súa hoste para conquistar Jakobsland” (a terra de Santiago de Compostela). Algunhas lendas contan que serviu como mercenario para o conde galego Rodrigo de Romariz, no asalto do castelo de Labio, preto de Lugo, durante as revoltas contra Vermudo III. Ulv tamén axudou a Romariz contra uns mercenarios vascos, conseguindo a vitoria. Os saqueos continuaron até que Ulv foi expulsado polas tropas de Cresconio, pero non antes de facer pillaxes nas comunidades monásticas de Redondela e nas illas de San Simón, Cíes e Toralla. Despois da súa expulsión, os ataques viquingos en Galicia caeron fortemente.

10 COMENTÁRIOS

  1. Put three Galicians in a room and mention the Viking raids of the 11th century et voila, fear & loathing a tope! Ningunear a Asturias, patria querida, no os va a salir gratis, rapaces.

  2. De acuerdo com Gallego y Gallega. Lo mejor es ocultar la realidad y no dar a conocer la historia de Galicia si se sale de los parámetros de una España Grande y Libre. Todo por la unidad española aunque nos extingan.

  3. Encantame ver tanto NACIONALISMO galego, ver como eu galego de nacemento, e que realmente solo quero a miña terra, non sepa falar galego, que o galego de meus pais e abuelos non sirva xa é que estades tan obcecados en vivir nunha mezcolanza de fervor patriótico por Galicia/Portugal e odio o resto de España que vos negades a enriquecer Galicia e solo buscades a separación. Esta ben saber de onde vimos pero hay que darse contacto de que eso xa pasou, hai que vivir cos mundos que corren…

  4. Totalmente dacordo con Gabri. Se podedes, modificade a redacción do artigo. Con pequenos xestos fanse grandes cousas.

  5. Non se chama “coherencia”, chámase “etimoloxía”.

    Gallaecia é o nome en latín do que en galego chámase indistintamente Galicia ou Galiza.

  6. Tanto o rei Bermudo como Fernando, tidaldos na historiagrafia oficial española como Vermudo III e Fernando I (eles nunca falaban de ordinais e só se recoñecian reis por ser fillos do seu pai, ou relación de parentesco similar, que era rei) citanse en todas as fontes europeas coetaneas (vaticanas, anglosaxonas, carolinxias, escandinavas, arabes, etc), que son as que teñen valor e non as moi posteriores ( Ximenez de Rada, Lucas de Tui e xa no século XIX Modesto Lafuente que contan unha historia deformada segundo os intereses de Castela/España) como reis da Gallaecia de xeito que realmente o Reino de Asturias nunca existiu como tal (en todos os mapas coetaneos non existe tal cousa, en todos os armoriais aparece o escudode Galiza e non o de Asturias, Oviedo era unha cidade da Gallaecia en todas as fontes xeográficas escritas da época ao igual que León, e o reino de León non chega a ter entidade até finais do século XII ainda que ate o século XIII sempre estivo ligado a Galicia (reis de Galiza e León ou de León e Galiza). Polo tanto resulta lamentable que habendo xa información mais que suficiente para defender unha historiografía galega propia e ademais totalmente fidel aos datos historicos coetanos aos feitos que acontecian en cada momento, sigamos reproducindo de xeito acrítico (e isto é mais grave nun xornal que se di defensor dos dereitos nacionais de Galiza) a historiografia oficial española que esta absolutamente deformada con intereses asimilacionistas e negadores de todo o que non sexa Castela/España. Xa é mais que necesario que estes reis se denominen, ao menos para nós, reis da Gallaecia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.