As fotos estereoscópicas de Galicia de 1913 do misterioso H. B.

A Fototeca do Ministerio de Cultura publica en formado dixital a colección de 76 negativos dobres do Arquivo H.B. con fotos da Coruña, Santiago e Ferrol

Un retrato da Galicia de hai un século trazado en tres dimensións, grazas á fotografía estereoscópica. É o legado dun misterioso fotógrafo do que só coñecemos as sigras do seu nome, H. B., e que dende 1913 a 1922 realizou viaxes por diversas cidades, retratando as súas estampas máis características por duplicado. O Arquivo H. B. constitúeno máis de 870 placas estereoscópicas que foron adquiridas polo Estado no 2013 e que agora se fan públicas polo Ministerio de Cultura dentro dos fondos dixitais abertos da súa Fototeca.

Praia de Riazor (A Coruña), peixeiras. Foto de H.B. Fototeca do Ministerio de Cultura.

A estereoscopia foi unha técnica moi de moda na fotografía do século XIX, que permitía ver unha imaxe tridimensional ou crear a ilusión de profundidade ao unir dúas fotos nun só visor. O cerebro fundía ambas fotografías como acontece de xeito habitual cando os humanos vemos a realidade.

Publicidade

A técnica empregada por H. B. consistía en situar dúas cámaras iguais, unha xunto á outra, quitando a tapa dos dous obxectivos ao mesmo tempo. Estas cámaras binoculares ou estereoscópicas reproduían dúas imaxes nunha única placa de cristal. No caso deste autor afeccionado, conservou as súas fotos en xelatina sobre vidro, en negativos de 10,5×4,5 cm.

Aparello para ver fotos estereoscópicas.

O singular Arquivo H. B. inclúe imaxes de cidades españolas e europeas que percorreu, con vistas de lugares, monumentos, balnearios, festas e outras actividades, así como eventos da época.

Publicidade

No caso de Galicia, o fotógrafo tomou fotografías estereoscópicas de tres cidades: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Trátase de 76 imaxes dobres, que recollen lugares emblemáticos como a praia de Riazor, a catedral de Santiago, a rúa do Vilar, o hostal dos Reis Católicos ou o mosteiro de San Martiño Pinario.

San Martiño Pinario, en dobre foto estereoscópica de H.B.

Tamén aparecen estampas costumistas, como as das peixeiras que traballan con polbos na praia da Coruña, ou unha feira nesta mesma cidade. Tamén chaman a atención as imaxes tomadas nos arredores de Compostela ou os detalles do buque Alfonso XIII nos días seguintes á súa botadura en Ferrol.

Aquí podes ver unha galería das fotos estereoscópicas de Galicia do Arquivo H.G. que conserva a Fototeca do Ministerio de Cultura:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente