Sábado 27 Abril 2024

175 anos da Batalla de Cacheiras: o mito da Galicia liberal

A acción bélica que rematou co fusilamento dos Mártires de Carral foi un fito revolucionario liberal do século XIX e xérmolo do galeguismo

O 23 de abril de 1846, enfrontáronse na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo, dous xeitos de entender a política a mediados do século XIX. Dunha banda estaba o comandante Miguel Solís, que formara un exército con tropas liberais galegas e provincialistas. En fronte, o mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que mandaba tropas regulares españolas, chegado dende Castela e designado polo goberno para esmagar o levantamento galego. O resultado da refrega foi desastroso para o improvisado exército liberal, formado mesmo por estudantes recrutados da Universidade de Santiago.

Moitos dos voluntarios fuxiron a Compostela, para refuxiarse no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Finalmente, entregáronse e foron fusilados o 26 de abril. Hoxe aínda son recordados como ‘Os mártires de Carral‘ e este feito marcou a historia futura de Galicia en moitos aspectos políticos.

Publicidade

Miguel Solís Cuetos (esq.) e Antolín Faraldo.

A orixe do conflito foi o nomeamento do xeneral Narváez como xefe do Goberno, sendo raíña Isabel II. Narváez traizoou a causa liberal á que supostamente estaba adscrito e impuxo unha ditadura cunha política ultraconservadora que provocou numerosas revoltas populares. En Galicia, o 2 de abril de 1846, levántase en armas en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, quen disolve a Deputación e proclama ilexítimo o goberno de Narváez. Sucesivamente, outras cidades galegas van tomando as armas. O 15 de abril é constituída en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, con proclamas a favor dun trato máis xusto para Galicia.

Tropas regulares fieis ao goberno comezan a acosar aos sublevados, que na universidade compostelá suman moitos voluntarios ás súas forzas. O exército defiitivo foi o enviado dende Madrid e comandado por José Gutiérrez de la Concha, que penetra en Galicia o día 14 de abril. Os insurxentes dominaban Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Tui. E acordaron constituir dous corpos de exército: O Exército de Libertazón de Galicia, dirixido por Solís, que atacaría A Coruña e Ferrol; e o Segundo Exército, que marcharía sobre Ourense.

Algunhas da proclamas nas asambleas serán o xérmolo do futuro movemento galeguista. Entre os sublevados están figuras como o xornalista Antolín Faraldo, quen fai un discurso de compromiso dos sublevados con Galicia, para que deixe de ser unha ‘colonia da corte’.

Os mártires de Carral foron fusilados tras un xuizo sumarísimo.

Pero toda a revolta quedará esmagada o 23 de abril no concello de Teo, na coñecida como Batalla de Cacheiras, aínda que outros autores prefiren de Montouto, porque en realidade tivo lugar nas ladeiras deste monte.

Nun xuízo sumarísimo acordouse o fusilamento dos cabecillas da revolta. O coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi executado. Os outros once oficiais foron pasados polas armas na Fraga do Rei e enterrados ao día seguinte sen inscrición ningunha. “Espectáculo horroroso. Triste memoria”, escribiu o párroco no seu libro de defuntos.

Pero como adoitaba acontecer no convulso século XIX, os inimigos do Estado pasaron en pouco tempo a ser considerados heroes. Dez anos máis tarde, o novo goberno nomearía aos doce fusilados ‘beneméritos da Patria‘ e as Cortes concedéronlles a título póstumo a “Cruz de valor e constancia”. Xa co novo século, en 1904, foi erixido en Carral un monumento no que aparece o escudo de Galicia e a seguinte inscrición: “Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846″.

Moitos historiadores en España trataron este feito como un de tantos pronunciamentos, tan habitual no século XIX. Pero outras voces en Galicia sempre interpretaron aos Mártires de Carral como un xérmolo do movemento galeguista. Manuel Murguía era de tal opinión, pois escribiu que coa revolta dos Mártires de Carral, en 1846, comezou o galeguismo.

Coa súa trascendencia indubidable, este 23 de abril cumpre 175 anos a Batalla de Cacheiras. E o vindeiro luns, 26 de abril, será o aniversario dos 12 fusilados, os Mártires de Carral.

1 comentario

  1. mmm Conflicto de intereses entre estatistas, unos de Madrid y otros localistas, pero estatistas.
    Una Mafia grande contra una emergente.
    El galleguismo de estos jóvenes universitarios y sus lideres no representaba genuinamente al pueblo gallego si no a la burguesía gallega, interesada en constituir su parcela privada galaica. La palabrería sobre “colonia dirigida por Madrid” es cierta, pero no indica que pretendieran realmente luchar por el pueblo gallego si no por sus propios intereses de clase burguesa.

    Asi pues lo dejo en asunto de mafias resolviendo sus propios conflictos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses