Zelandia, o novo continente no fondo do Pacífico

Zelandia-el-continente-oculto-en-el-fondo-del-Pacifico_image800_

Os sete continentes nos que se divide a Terra semella que se quedaron desfasados. Un grupo de investigadores liderados desde o instituto GNS Science de Nova Zelandia identificou un novo continente xeolóxico: Zelandia. É unha rexión de 4,9 millóns de km2 de capa continental, cunha superficie mergullada do 94%, situada ao suroeste do océano Pacífico.

Este mapa, incluído no estudo que publica a revista da Sociedade Xeolóxica de América amosa a situación de Zelandia no noso planeta. As áreas da plataforma continental móstranse en cores pálidas.

Publicidade

“Neste estudo resumimos e reevaluamos unha variedade de conxuntos de datos xeocientíficos e amosamos que unha parte substancial do suroeste do Pacífico consiste nunha extensión continua de territorio continental“, explican os científicos.

Esta superficie é grande e dabando separada para ser considerada non só como un fragmento continental ou un microcontinente, senón como un verdadeiro continente. “O descubrimento non foi repentino, senón gradual. Hai 10 anos non teriamos os datos ou a confianza na interpretación para escribir este artigo”, aseguran os autores.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. Benvido o novo continente pero quixera saber de onde sacan 7 continentes? É que toleamos? Por que esa manía de contar América como dous continentes? É un único. Senón por que non, por exemplo, Asia do sur e do norte?

  2. Benvido o novo continente pero quixera saber de onde sacan 7 continentes? É que toleamos? Por que esa manía de contar América como dous continentes? É un único. Senón por que non, por exemplo, Asia do sur e do norte?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da USC, mellor artigo de xeografía en revistas estranxeiras

O investigador Horacio García é o primeiro asinante da publicación, recoñecida co VIII Premio "Roser Majoral Moliné" da Asociación Española de Xeografía

Como se tería comportado a covid con outras restricións? Esta metolodoxía permite sabelo

Investigadores das áreas de Física e Xeografía da USC publican descritores matemáticos que poden axudar a tomar mellores decisións nun futuro confinamento

Varela Ulloa: mariño e xeógrafo de África e América

O lucense axudou a medir a altura do Teide, foi un gran astrónomo e cartografou as illas de Guinea e a Colonia de Sacramento

Os científicos confirman a aceleración cara a Siberia do polo norte magnético

Un estudo publicado en "Nature Geoscience" constata que a interacción de dous fluxos baixo Canadá e Rusia moven esta área cara ao norte