Un golfiño común no río Miño

Numerosos veciños achegáronse na tarde do domingo pasado ás augas do río Miño na desembocadura de Camposancos, tras avistarse a presenza dun golfiño común. O animal, avistado nun primeiro momento na praia do Muíño, chegou ata a do Caldeiro, debaixo do complexo deportivo do Codesal. Axudado polos bañistas para volver á auga tras varar en numerosas ocasións, finalmente faleceu na beira do río.

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño), confirmaba que se trataba dun macho adulto de golfiño común. Probablemente o exemplar, de 2,15 metros de lonxitude, sufría algunha enfermidade ou problema que o levou a desviarse da súa manada. Tamén asegurou que no Miño é algo “anecdótico” poder observar un golfiño, aínda que non é a primeira vez.

Publicidade

Un membro de CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) achegouse ata o lugar para recoller o animal e levalo ata o centro para estudalo e facerlle a autopsia e así coñecer con certeza a causa da morte. A necropsia realidada polos especialistas confirmou que o cetáceo padecía unha grave neumonía, caquectina e fallo multiorgánico. Todo o proceso pode verse neste vídeo publicado por Brais Martínez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional