O universo sobre o deserto de Atacama

O astrofotógrafo Adhemar Duro (Río de Janeiro, 1972) é o autor deste fermoso vídeo, unha composición de time-lapses montada cunha compilación de imaxes que captan diversos matices do ceo sobre o deserto chileno de Atacama e o Observatorio ALMA, e que amosa todo o esplendor do universo sobre a zona máis árida do planeta.

Os traballos de Adhemar Duro na rexión valéronlle o título de embaixador fotográfico do Observatorio Europeo Austral (ESO, nas súas siglas en inglés), a principal organización astronómica intergubernamental en Europa e o observatorio astronómico máis produtivo do mundo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo