Morren 140 caldeiróns nun varamento masivo en Nova Zelandia

Uns 200 exemplares de caldeirón común (Globicephala) foron atopados varados na costa de Nova Zelandia, na zona de Farewell Spit, na illa Sur. Un total de 140 destes animais xa morreron mentres ducias de voluntarios traballan desde este venres por rescatar ós supervivintes, que poderían ser sacrificados no caso de que o derradeiro plan de reflotación falle hoxe.

A área descríbese como unha trampa para cetáceos, xa que as súas augas pouco profundas parecen confundir ós animais e reducir a súa capacidade de desprazamento. De feito, nos últimos dez anos xa se rexistraron cando menos oito varamentos de caldeiróns, se ben este é un dos máis masivos que se teñen observado destes exemplares que acadan os seis metros de longo.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional