A dentadura de Jorge

Investigadores do grupo de Novos Materiais da Universidade de Vigo integrados no proxecto Biocaps lograron obter cerámicas biolóxicas a partir do dente de quenlla con aplicacións xa testadas na rexeneración de tecido óseo, en particular nos ámbitos da traumatoloxía e a odontoloxía. Dado o seu grao de innovación e os resultados positivos obtidos tras os ensaios preliminares, está a tramitarse a patente europea para protexer o achado. Estes novos implantes, que segundo os científicos vigueses poderían estar no mercado nun prazo breve de tempo, ampliarán o abano dos materiais de uso biomédico á vez que supoñen unha solución innovadora de aproveitamento de recursos mariños. Neste vídeo de Paulino Pérez explícase de forma didáctica o uso práctico resultado da investigación, que está a punto de lograr a patente europea.

Pablo López
Pablo López
Director de GCiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos