Como reacciona un can-robot cando lle impiden abrir a porta?

Este ano, a empresa de robótica Boston Dynamics publicou varios vídeos nos que amosaba a cooperación entre dous dos seus prototipos de can-robot, SpotMini. Un deles, provisto dun apéndice semellante a un longo pescozo terminado nunha especie de gancho, que lle permitía mover o mango dunha porta para abrilo, algo que non podía facer o outro can-robot.

E noutro deles, un traballador da empresa ‘desafiaba’ ao can-robot cando este intenta abrir a mesma porta. É unha proba para medir “a capacidade do SpotMini para adaptarse aos impedimentos“, sinala Boston Dynamics. Ao mesmo tempo, un operario está dirixindo ao robot para que proceda á operación de abrir a porta. Para levar a cabo esta tarefa, o can-robot leva incorporada unha cámara no apéndice e outras no seu corpo, para determinar se a porta está aberta ou pechada e para orientarse no espazo.

Publicidade

Cunha nota de humor, a empresa sinala que a proba “non causou molestia nin dano ao robot”.

Boston Dynamics naceu nos anos 90 como unha spin-off do MIT e foi comprada por Google en 2013. O xigante de internet púxoa en venda en 2016 e en 2017 foi adquirida pola empresa xaponesa Softbank.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional