Así inflúe o paro no comportamento dos españois en Twitter

O xeito de usar Twitter cambia segundo o nivel de paro de cada zona en España. Esta é a principal conclusión dun estudo de Alejandro Llorente, Manuel García-Herránz, Manuel Cebrián e Esteban Moro sobre a forma de comunicarse a través Twitter en España no que se mostra o fluxo de mobilidade entre distintas zonas xeográficas baseado nas viaxes da comunidade desta rede social.

“A adopción xeralizada por parte da maioría da poboación de tecnoloxías electrónicas que teñen penetrado en cada aspecto das súas vidas permite estudar o comportamento humano a un nivel sen precedentes até o de agora, descubriendo patróns subxacentes de actividade, mobilidade e comunicación interpersoal”, explican os autores deste mapa, que recolleron informaciónxeográfica dos chíos publicados en Twitter por 43.000 usuarios de todo o Estado durante un período de 55 días. En total, recolléronse máis de 145 millóns de mensaxes xeolocalizadas de 570.000 usuarios da España peninsular, distribuídas por máis de 340 rexións, determinadas polo seu nivel económico.

Publicidade

O que mostra o mapa son as viaxes deses usuarios ao longo das 24 horas do día para analizar se se poden extraer conclusións sobre o estatus socioeconómico de cada rexión a través das desviacións de dunha serie de patróns universais. E, como principal conclusión, atoparon que o desemprego ten unha correlación coa adopción tecnolóxica, a actividade diaria, a diversidade nos patróns de mobilidade e a corrección no estilo comunicativo. En concreto, as rexións que presentan maior diversidade dos fluxos de mobilidade, maiores ritmos nas primeiras horas da mañá e estilos gramaticais máis correctos presentan menores taxas de desemprego.

Estes datos foron trasladados a este mapa no que se debuxan sobre o territorio español os desprazamentos rexistrados en Twitter grazas a unha ferramenta de xeolocalización. Cada usuario é un punto no mapa e a cor deses puntos no mapa é proporcional á velocidade da viaxe (azul = viaxe rápida, maxenta = viaxe lenta). En total, no vídeo pódense ver máis de 100.000 viaxes de usuarios anónimos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as vantaxes (e algúns inconvenientes) do horario de inverno

O cambio de hora do verán mantén as tardes máis luminosas pero o de outubro conserva a luz matutina e adáptase mellor á bioloxía circadiana humana

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas