Venres 26 Abril 2024

A premiada web que interconecta ós sanitarios cos pacientes

Xurdiu hai un ano como ferramenta interactiva de traballo da Unidade da Enfermidade Inflamatoria Intestinal (ENDI) da sección de Dixestiva do hospital público Arquitecto Marcide de Ferrol (CHUF). Foi unha iniciativa dos propios sanitarios -médicos, enfermeiras…- da área ferrolá para mellorar e axilizar a comunicación e o seguimento do usuario.

A enfermidade inflamatoria intestinal é unha patoloxía de etioloxía inmune que pode afecta a calquera parte do trato dixestivo sen ter en consideración a idade e que adoita cronificarse. É, por tanto, común en xente noviña e mesmo en xente menuda e moi noviña. Integra, principalmente, a enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa, e ten un largo historial de complicación extraintestinais engadidas que se manifestan en problemas na pel, articulares e mesmo outras derivadas que precisan de cirurxía para lle poñer remedio.

Publicidade

A web informa, educa, trata e controla os pacientes, e mellora a súa calidade de vida e a dos seus familiares

Na súa corta vida, a web educainflamatoria.com relevouse como unha fórmula moi eficiente para informar, educar, tratar e controlar os pacientes, así como ofrecer todo tipo de detalles e consellos para mellorar a súa calidade de vida e informar as súas familias. Proba diso son os tres premios nacionais que xa acumulan a unidade e a súa páxina dixital, que ven de recibir unha nova distinción na 6ª Reunión Anual de GETEII (Grupo Enfermeiro de Traballo sobre a Enfermidade Inflamatoria Intestinal), celebrado estes días pasados en Madrid, no que obtivo o primeiro premio, o galardón ó mellor póster en comunicación científica.

Os impulsores de educainflamatoria.com, entre os que se conta María Morete, defínena como un espazo  espazo informativo, multidisciplinar, interactivo e aberto, no que se colga a información que ven avalada polos distintos especialistas e pola propia unidade especializada nesta doenza (ENDI) sobre todo o relacionado con esta patoloxía: información xenérica, síntomas, signos e tipos que ven aportada polos especialistas en cada unha das 14 áreas coas que linda a patoloxía: endoscopia, farmacia, radioloxía, cirurxía, dermatoloxía, oftalmoloxía, xinecoloxía, medicina preventiva, psicoloxía, pediatría, endocrionoloxía, reumatoloxía, neumoloxía e nefroloxía.

O proxecto recibiu estes días o seu terceiro galardón nacional na 6ª Reunión Anual de GETEII

Morete, xunto con Rebeca Fraga, Virginia Ollero, Leticia García, e a responsable da Unidade, Ana Echarri, son as autoras do traballo. É unha ferramenta de educación e consulta xa integrada na dinámica do día a día da Unidade que está a ter “moi boa acollida por parte dos pacientes”, afirman. “É útil tanto para a persoa que xa se está a seguir na Unidade, como para as persoas que son diagnosticadas e o seu entorno”, engade Morete. O bo nome desta ferramenta afastase da área sanitaria de Ferrolterra e mesmo lles consta que xa a están a empregar como recurso habitual desde outras localidades.

Morete apunta que nas patoloxías crónicas, como a enfermidade inflamatoria intestinal, o coñecemento e autocontrol do paciente é clave para optimizar o manexo da enfermidade. Con esta ferramenta, dalgún xeito, lle poñen coto o exceso de información que ofrece Internet e que, as máis das veces, non é aconsellable consultar para cuestións médicas.

Este portal estrutúrase en tres seccións: multidisciplinar de formación, educación no autocoidado, e interactiva cos especialistas, que permite a realización de preguntas relacionadas coa enfermidade. Cada mes, de media, a web rexistra unha media de 3.900 consultas-sesións e resposta a 15 preguntas no correo electrónico asociado a un foro dos pacientes.

A Unidade específica da enfermidade intestinal do Marcide funciona desde 2007 e a súa web asociada opera desde o pasado ano. Neste curto recorrido, a ENDI xa obtivo o premio Hinnnovar no 2012 por diante doutros 20 proxectos finalistas en procesos innovadores de aplicación no eido hospitalario a nivel do Estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un sistema galego diagnostica Crohn e colite ulcerosa con mostras non invasivas

O novo método do investigador José Liñares-Blanco, baseado na aprendizaxe automática, supón unha alternativa aos actuais, menos precisos

Unha aplicación galega para o autocoidado de doentes de Crohn e colite ulcerosa

Vigo é a primeira área sanitaria de España que empregará a ferramenta con pequenos vídeos divulgativos sobre as enfermidades

O tabaco é o principal factor relacionado con inflamacións intestinais como o Crohn

Científicos do proxecto Biocaps destacan en Vigo a influencia negativa de fumar nestas doenzas e a importancia da alimentación

Los niños celíacos necesitan vitamina D

Un estudio hecho en Ferrol revela que tienen bajos niveles de compuestos antirraquíticos.