Un verán de súper lúas

Súper Luna
En xuño do ano pasado, unha lúa chea apoderouse dos titulares. Os medios xornalísticos chamárona unha “súper lúa” porque era un 14% máis grande e un 30% máis brillante que outras lúas cheas do ano 2013. En todo o mundo, a xente dirixiuse fóra para marabillarse coa súa luminosidade. Se vostede pensaba que unha súper lúa era brillante, que lle parecen tres? As lúas cheas do verán (boreal) de 2014 (12 de xullo, 10 de agosto e 9 de setembro) serán todas súper lúas, informa a NASA. O termo científico para o fenómeno é “lúa de perixeo”. As lúas cheas varían en tamaño debido á forma oval da órbita da Lúa, que segue unha traxectoria elíptica arredor da Terra, cun lado (o “perixeo”) ao redor de 50.000 quilómetros máis preto que o outro (o “apoxeo”). As lúas cheas que se producen no lado do perixeo da órbita da Lúa parecen ser extra grandes e brillantes. Esta coincidencia ten lugar tres veces no ano 2014. O 12 de xullo xa puidemos contemplar a primeira, e o 9 de setembro deste ano poderemos observar outra Lúa que se volverá chea o mesmo día que acontece o perixeo. O 10 de agosto, a Lúa volverase chea durante a mesma hora que acontece o perixeo, o que indiscutiblemente a converte nunha extra súper lúa.
Súper Lúa
Na práctica, non sempre é doado comprender a diferenza entre unha súper lúa e unha lúa chea común. Unha diferenza do 30% no brillo doadamente pode verse enmascarada polas nubes e a néboa. Así mesmo, non hai regras que floten no ceo para poder así medir os diámetros da Lúa. Enriba, sobre as nosas cabezas, sen ningún punto de referencia que brinde un sentido de escala, unha lúa chea parece ter case o mesmo tamaño que calquera outra.

1 comentario

  1. Coido que un sitio coma este debera ser máis serio. Tal como está dada a nova parece que é un 16% maior que a media (datos vosos en Facebook), cando o que pasa é que está máis preto (algo máis do 14%) que o momento no que está máis lonxe: (50/356)*100, en relación de distancias con este momento próximo, non co lonxano. Contacta ademáis coa lenda do célebre ‘superMarte’ que leva rondando pola rede dende hai dez anos. Quizáis explicando un pouco máis as cousas e sendo menos na procura de titulares impactantes fixerades un servizo mellor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite