Unha xoia botánica e virxe que reborda beleza

Fonte de augas ferruxinosas situada no bosque que visitamos hoxe. Imaxe: Manuel Rey.
Fonte de augas ferruxinosas situada no bosque que visitamos hoxe. Imaxe: Manuel Rey.

Este tipo de bosques, orientados ao norte, son cada vez menos frecuentes en Galicia. Un dos mellor conservados e máis fermosos é o que visitamos hoxe. Polas súas abas baixan regatos que alimentan a numerosas especies vexetais e animais.

Mentres que na parte máis baixa domina a vexetación mediterránea, a medida que ascendemos o bosque vaise transformando e convértese en atlántico. Ten un pasado mineiro, que é posible observar na fonte que vemos na fotografía. Aquí brotan, de xeito natural, augas ferruxinosas que debuxan un regato vermello.

Publicidade

Sabedes onde estamos hoxe? A resposta, nesta ligazón.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

O rastro da esquiva quenlla branca no noroeste peninsular: menos de 30 avistamentos en cinco séculos

Unha investigación con participación galega segue os rexistros do animal nas augas do Atlántico nororiental

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores