Unha bicicleta para levar no maletín

bike intermodal
O uso das bicicletas para circular polas cidades é cada vez maior e, neste mercado, as bicis pregables se están convertendo nunha das opcións preferidas dos usuarios. A start-up Bike Intermodal, participada por socios de Italia, Eslovenia, Suíza e Alemaña, desenvolveu un novo prototipo de bicicleta eléctrica que pesa tan só 7,5 kg. e se prega ao tamaño dunha caixa de 50 cm x 40 cm x 15 cm. Ademais, as súas partes son reciclables, polo que o seu ciclo de vida é completamente respectuoso co medio ambiente. O peso e tamaño da bici foron optimizados grazas aos estudos de campo elaborados na Universidade de Florencia e levados a cabo polos socios ATAF e LPP, provedores de transporte público para esta cidade italiana e para a de Liubliana (Eslovenia). O proxecto contou cun finanzamento de 1,58 millóns de euros de fondos de investigación da Unión Europea no marco do programa Horizonte 2020.
bike-intermodal
Os creadores da Bike Intermodal calculan que o prezo da versión sen motor da bicicleta custará uns 800€ e o modelo con motor eléctrico, uns 1.300€. A versión máis básica podería valer arredor de 500€. Agora buscan inversores de capital de risco para poder levala ao mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais