A NASA retrata a Terra cun mosaico de miles de rostros de todo o mundo

Co gallo do Día da Terra deste ano, o pasado 22 de abril, a NASA lanzou á xente de todo o mundo unha simple pregunta: en que lugar da Terra estás agora mesmo? A idea era conseguir que miles de persoas enviasen unha autofoto coas súas respostas para construír un selfie global: retratar a Terra cun mosaico composto por todas as fotos cedidas por cidadáns de todos os continentes. A NASA recibiu más de 50.000 imaxes, das que se desbotaron aquelas que ou non eran accesibles ou non se consideraron utilizables. Hoxe, a axencia aeroespacial de Estados Unidos lanzou a composición, construída con 36.422 fotos individuais, de 113 países, publicadas previamente polos cidadáns en distintos medios sociais en liña coa etiqueta #globalselfie: Twitter, Instagram, Facebook, Google+ e Flickr. O resultado: unha impresionante imaxe de 3,2 gigapíxeles coa que se pode interactuar e facer zoom para ver en detalle cada unha das fotografías que compoñen este mosaico e as mensaxes de cada cidadán. O obxectivo do proxecto foi contribuír a concienciar a toda a poboación mundial sobre a beleza e a fraxilidade do planeta Terra. O mosaico pode verse a pantalla completa clicando na opción das frechas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios