O raio verde, entre as rochas do cabo Vilán

Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.
Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.

O cabo Vilán, na Costa da Morte, volve ofrecer fermosas imaxes para os amantes da astrofotografía. Un lugar de premio, no que Daniel Llamas ou Daniel Lois xa conseguiran imaxes recoñecidas a nivel internacional. Agora, foi o raio verde captado polo astrofotógrafo Óscar Blanco o que deixa unha nova fotografía de gran beleza.

“Foi o domingo pasado – conta Óscar -; fun cun amigo a fotografar a posta de sol e puxémonos no camiño que vai cara o Cemiterio dos Ingleses“, á altura das praias de Reira. En principio, sinala Blanco, non tiña pensado captar o raio verde, pero a atmosfera estaba limpa e a posta de sol cadraba perfectamente entre as rochas do cabo e o illote de Vilán de Fóra.

Publicidade

E o raio verde apareceu. “É máis frecuente do que parece; o difícil é ‘cazalo'”, explica Óscar, que xa ten retratado este mesmo fenómeno na Coruña. A través da súa conta de Facebook e no Instagram, Óscar adoita publicar as súas mellores imaxes. Leva xa 25 anos dedicándose á astrofotografía.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’