Pinocho rex, o primo narigudo do Tiranousauro rex

Pinocchio-rex
Científicos da Universidade de Edimburgo (Escocia) e da Academia Chinesa de Ciencias Xeolóxicas identificaron no sur de China un novo tipo de tiranosauro ao que alcumaron co nome de Pinocho rex. O novo exemplar viviu hai máis de 66 millóns de anos e, aínda que era máis pequeno que o T. rex, o seu fociño era un tercio máis grande. Este exemplar tiña o cráneo alongado e longos dentes estreitos en comparación coas mandíbulas máis profundas e poderosas e de dentes grosos do T. rex convencional. O nome oficial do novo tiranosauro é Qianzhousaurus sinensis e foi, segundo os científicos, un carnívoro temible que viviu en Asia durante o período cretáceo tardío. Os resultados do estudo, financiado pola Fundación de Ciencias Naturais de China e a Fundación Nacional de Ciencias, públicanse na revista Nature Communications. | Foto: Chuang Zhao.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Enfermidades do pasado: trilobites feridos, dinosauros coxos e outros males prehistóricos

A paleopatoloxía é a disciplina científica que permite coñecer que doenzas padeceron os organismos que habitaron a Terra en épocas pasadas

Por que os dinosauros dominaron a Terra? O segredo está nos seus vómitos e feces

Investigadores europeos reconstruíron, a través de restos fosilizados, como foi o auxe destas criaturas nos ecosistemas prehistóricos

Fentos e coníferas xigantes: a dieta dos dinosauros na península durante o Cretácico

Investigadores da UVigo participan nun estudo internacional que identifica plantas dun xacemento de Castellón de hai 125 millóns de anos

A regulación térmica das aves podería ter a súa orixe nos dinosauros do Xurásico

Un estudo da UVigo pon de relevo o posible vínculo entre o clima e a evolución dos animais prehistóricos