Un pingüín indignado que se nega a mirar o seu compañeiro, unha cría de oso ulindo flores e un mono fotoxénico que sorrí á cámara. Imaxes coma estas só poderían ser as finalistas do Comedy Wildlife, o concurso anual que previa as fotografías máis divertidas da natureza. Os organizadores do certame acaban de anunciar as 43 finalistas desta edición, todas elas para escachar coa risa. Os gañadores anunciaranse o vindeiro 8 de decembro.
O certame, fundado por Paul Joynson-Hicks e Tom Sullam, xa se converteu nun concurso de renome mundial que busca concienciar sobre a importancia da conservación de especies e do respecto cara ao medioambiente. O galardón naceu en 2015 froito da paixón dos seus fundadores pola vida silvestre e polas súas décadas de experiencia profesional en África oriental. A competición, aberta a todo todo tipo de participantes, fai uso do humor para concienciar do importante que é protexer a vida silvestre.
Publicidade
‘Comedian’: chama aos seus fillos e na imaxe vexe que se está a rir dos que ten fronte a ela. Crédito: Ahmed Alahmed
‘Cute’: mono da cidade de Abha, onde se reúnen e rouban comida á xente de diferentes formas. Crédito: Ahmed Alahmed
‘Do you have a moment to talk about our Lord an saviour, T-Rex?’: dúas gaivotas sorrintes peléxante polo territorio durante a tempada de cría en Suffolk. Crédito: Alex Cooper
‘What do you mean smile? I am smiling!’: a fotógrafa pasou toda a mañá cunha manda de leóns. Unha das leoas fixo algunhas expresións faciais graciosas despois de bocexar e mirou directamente á cámara. Crédito: Alison Buttigieg
‘Uncomfotable pillow’: estes elefantes mariños caeron esgotados de tanta actividade. Un semella estar máis cómodo que o outro. Crédito: Andrew Peacock
‘Jumping Jack’: un esquío salta durante unha tormenta. Crédito: Alex Pansier
‘I CU boy!’. Crédito: Arshdeep Singh
‘Stop and stare’: un mono observa con atención como navegan polo río Kinabatangan, en Borneo. Crédito: Andy Evans
‘Say cheeeeeese’: un par de peixes mirando á cámara nos Azores. Aínda que semellan divertidos, son bastante agresivos. Crédito: Arthur Telle Thiemann
‘I’m gonna strangle you!’: dous suricatas xogando. Crédito: Emmanuele Do Lihn San
‘Funny Walk’: un cisne no medio da pelexa doutro cisne, perseguíndoo nun lago conxelado. Crédito: Bojan Bencic
‘Monkey wellness center’: preto dun templo camboxano, onde viven moitos monos silvestres, un coida do seu amigo, que está completamente relaxado. Crédito: Federica Vinci
‘Curtain Call II’: Un oso xogando cun pau. Crédito: Dave Shaffer
‘Tombstoning Guillemot’: un arao chega con peixes para as súas crías. Crédito: Corinne Kozok
‘Pegasus, the flying horse’: o touro estaba preto dun niño de grúa e ela asustouno para que liscase de alí. Crédito: Jagdeep Rajput
‘Misleading African viewpoints 2’: o hipopótamo só está bocexando detrás dunha garza. Crédito: Jacques Alcaray
‘Talk to the fin’: dous pingüíns nas Malvinas. Crédito: Jennifer Hadley
‘Not so cat-like reflexes’: unha cría de león de tres meses fai un mal descenso dunha árbore. Crédito: Jennifer Hadley
‘Shark moose’: é un alce sorrindo ou preparado para atacar? Crédito: Jorn Vangoidtsenhoven
‘Fight back’: un salmón golpe un oso na cara. Crédito: John Chaney
‘Your picnic is mine’: a ave sentou na manta de picnic e comezou a merenda dos excursionistas. Crédito: Lincoln Macgregor
‘Lisper squirrel’: un pequeno esquío, impasible ante a presenza humana. Crédito: Lee Zhengxing
‘Keep calm and keep your head’: unha cría métese no niño coa súa nai. Crédito. Mark Schoken
‘You can’t see me, can you’: ç’Tight fit’: un pequeno búho escóndese na cheminea dunha casa abandonada en Bulgaria. Crédito: Lukas Zeman
‘It’s all kicking off’: dous canguros xogando na praia. Crédito: Michael Eastwell
‘Hello everyone’: un mapache nunha praia de Florida. Crédito: Miroslav Srb
‘Barf’: un peixe vomita os residuos de coral que acaba de inxerir. Crédito: Paul Eijkemans
‘Excuse me… Pardon me’: un pato camiña sobre unha ringleira de tartarugas. Crédito. Saverio Gatto
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.