Un taxi espacial para astronautas da NASA

Taxi espacial Dragon V2
A compañía SpaceX presentou o prototipo de taxi espacial que transportará astronautas da NASA á Estación Espacial Internacional (EEI). A presentación da nave Dragon V2 tivo lugar na sede de SpaceX na localidade californiana de Hawthorne. A Dragon V2 poderá transportar ata sete astronautas á EEI e acoplarse a esta de forma automática, e sería capaz de aterrar en calquera lugar da Terra. Este prototipo de SpaceX compite cos proxectos de varias compañías privadas —entre as está o xigante da aeronáutica Boeing— que queren facerse co contrato para construír as naves coas que a NASA quere substituír os xubilados transbordadores. Actualmente, a axencia estadounidense depende das cápsulas rusas Soyuz para transportar astronautas. A NASA quere que as naves que elixa este mes de agosto podan empezar a viaxar ó espazo no ano 2017. As naves espaciais non tripuladas de SpaceX da serie Dragon I xa realizaron catro misións de aprovisionamento de subministración á EEI.
Interior do Dragon V2
Interior do Dragon V2, con capacidade para sete astronautas. A NASA utilizará por primeira vez naves construídas con fondos privados para transportar astronautas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027