O mar de ardora adiántase: as espectaculares imaxes captadas na ría de Betanzos

O fenómeno, máis propio dos meses de verán, xa foi capturado a mediados de maio polo fotógrafo DrewKorme nas praias de Gandarío e Miño

Aínda que acostuma a darse nos meses de verán, máis en concreto, en agosto; este ano xa puideron desfrutar do mar de ardora na ría de Betanzos. Unhas espectaculares ondas de luz captadas polo fotógrafo DrewKorme, un cazador de Noctiluca scintillans que, ca súa cámara, xa capturou este fenómeno en moitas praias da Costa da Morte.

Nesta ocasión, o seu obxectivo detívose nos areais da ría de Betanzos. Alí foi quen de gravar o mar de ardora nas aguas das praias de Gandarío e de Miño. Este fenómeno de bioluminiscencia prodúceno algúns dinoflaxelados como a Noctiluca scintillans. Adoita a ser máis frecuente durante o verán porque temperaturas son máis altas e tamén hai maior presenza de nutriente, pero a mediados de maio xa se empeza a deixar ver polos areais galegos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar as formas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

Onde están as mulleres

Un ano máis, os Nobel de Ciencia só se outorgan a homes

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua