Medalla para o Centro Oceanográfico de Vigo no seu centenario

Acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos.
Acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos.
Acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos.

Vigo celebrou a entrega dos premios Vigueses Distinguidos e da Medalla da Cidade, que cada ano recoñecen a persoas e institucións destacadas, con motivo da celebración da festa da Reconquista. E no 2017, o máximo galardón foi para o Centro Oceanográfico de Vigo, que cumpre un século na cidade, e que recibiu o recoñecemento nun acto no Teatro Afundación, ao que asistiu a directora do Centro Oceanográfico de Vigo, Victoria Besada, xunto a investigadores e técnicos da institución que quixeron compartir o galardón.

Besada, en primeiro lugar, destacou a honra que supón “tanto como directora do Centro como viguesa de nacemento, recoller esta medalla en nome de todos os traballadores actuais e todos os que ao longo destes cen anos traballaron na institución”. Por outra banda, a directora resaltou “a vocación de apoio á sociedade que sempre tivo o Centro Oceanográfico de Vigo ao longo da súa historia, que orientou as súas estudos aos problemas dos principais sectores produtivos, por exemplo o pesqueiro”. Para rematar, Besada agradeceu a todo o persoal do Centro o seu traballo. A Medalla da Cidade entregouse por unanimidade “en agradecemento aos 100 anos de traballo da institución defendendo a xusta causa da ecoloxía, o medio ambiente e a defensa e coñecemento dos océanos”. A Corporación Municipal de Vigo destacou tamén o papel do IEO “na resolución de retos en investigación, desenvolvemento e consello científico dirixidos a dar resposta aos requirimentos e tamén retos sectoriais en materia de medio ambiente, pesca, acuicultura e calidade dos produtos alimenticios de orixe mariña”.

Publicidade

O Centro Oceanográfico de Vigo xa fora elixido en 2007 entre os premiados como Vigueses Distinguidos e 10 anos despois volve ser recoñecido pola cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.