O cabaliño de mar reina en Cíes

A foto de Manuel E. Garci. en aguas de Cíes.
A foto de Manuel E. Garci. en aguas de Cíes.
A foto de Manuel E. Garci.
A foto de Manuel E. Garci. en aguas de Cíes.

Por primeira vez, o cabaliño de mar (Hippocampus hippocampus) é fotografado nas illas Cíes. Científicos do proxecto Hippoparques tamén obtiveron gravacións en vídeo desta discreta criatura, que non adoita amosarse en público. Na foto de Manuel E. Garci, observamos un cabaliño na area da praia de Rodas, onde foron localizados varios exemplares. Nunca antes se tiñan conseguido imaxes destes animais no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O proxecto Hippoparques foi seleccionado na última convocatoria de I+D do Organismo Autónomo de Parques Nacionais fallada en decembro. A investigación terá tres anos de duración e inclúe a 14 investigadores de catro institucións científicas diferentes. Dous pertencentes ao CSIC: o Instituto de Investigacións Mariñas  de Vigo e un centro de Baleares, xa que de xeito simultáneo tamén se estuda o cabaliño de mar en augas da illa de Cabrera; Tamén están científicos da Universidade da Coruña e da de Santiago de Compostela.

Publicidade

En Galicia hai dúas especies de cabaliños: o Hipocampus hippocampus e o Hippocampus guttulatus, coñecido como “narizón”.

O Proxecto Hippocampus foi protagonista dun dos vídeos de GCiencia na nosa sección ‘Ciencia en Vivo’

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.