A ‘misión imposible’ de facer ovos fritos na Antártida

Investigadores da base francesa e italiana de Concordia, situada no corazón da Antártida, están a converterse en protagonistas do mundo da cociña, cos seus intentos errados de xantar ao aire libre. Os ovos conxélanse antes de tocar a tixola, os espaguetis quedan petrficados, facendo case levitar ao garfo, e a crema de chocolate crea espectaculares estalactitas.

As fotos están a dar a volta ao mundo grazas a Twitter, onde publican os seus experimentos culinarios nesta base situada dende o ano 2005 na mese antártica.

Publicidade

O astrobiólogo e Xefe da Estación Concordia, Cyprien Verseux, explicou onte que esta fin de semana “tivemos temperaturas de -60º C, un rexistro que case resulta agradable despois dos meses de inverno”. Con esas temperaturas é normal que os alimentos se petrifiquen en cuestión de segundos, “poden descender por baixo dos -80º C durante o inverno e de cando en cando soben por encima dos -20º C no verán”, apunta o astrobiólogo francés.

O resultado das súas tentativas de cociñar ao aire libre rematan en abraiantes imaxes que realmente semellan obras de arte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O primeiro cartógrafo da Antártida era galego? A historia de Francisco Seyxas

Explorador do século XVII, navegante e espía, documentou terras e illas ao sur do Estreito de Magallanes máis dun século antes dos descubrimentos ingleses

Un estudo galego sinala os pingüíns como difusores de contaminación na Antártida

Unha investigación na que participa a USC revela que as colonias destas aves concentran metais tóxicos e compostos químicos nos solos das illas Shetland do Sur

Un equipo galego analiza uns misteriosos eventos procedentes do xeo da Antártida

Un estudo liderado polo Observatorio Pierre Auge afonda na posible orixe de dous sinais anómalos detectados polo experimento ANITA

Alba Fernández, bióloga: “Os biomarcadores estúdanse en grupos que non representan a Galicia”

A investigadora de Porto do Son emprende camiño á Antártida para incentivar o liderado feminino na loita contra o cambio climático