O James Webb captura unha impresionante imaxe da nebulosa da Tarántula

O telescopio da NASA volve sorprender cunha detallada fotografía, capaz de retratar o obxecto cósmico como nunca antes

O James Webb, o telescopio máis caro e potente da historia, volve retratar o universo como nunca antes. O seu último fito: mostrar unha detallada e impresionante imaxe da nebulosa da Tarántula. Grazas a esta fotografía pódense observar miles de estrelas novas, galaxias distantes e as estruturas de gas e po da nebulosa. Todo isto, grazas aos instrumentos de infravermellos do Webb.

O interese científico sobre a nebulosa da Tarántula derívase da súa composición química, similar ás xigantescas rexións de formación de estrelas observadas uns miles de millóns de anos despois do Big Bang. A uns 161.000 anos luz de distancia, esta formación é un exemplo facilmente visible deste período de creación cósmica.

Publicidade

Segundo trasladaron dende a NASA, Webb debería brindar aos astronómos a oportunidade de observar galaxias distantes, pero da era actual, para poder comparalas coas observacións feitas en Tarántula e, así, entender as similitudes e diferenzas. O Webb, que se lanzou ao espazo a finais do ano pasado e as primeiras fotografías apareceron en xullo, abrirá unha nova era de descubrimentos astronómicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

Descuberta unha nova área para estudar a asimetría entre materia e antimateria no universo

O traballo, publicado en ‘Nature’, está asinado pola colaboración LHCb do CERN, na que traballan preto de 40 membros do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

A revolución inminente na escoita do cosmos para achegarse ao Big Bang desde Galicia

O proxecto LISA multiplicará a capacidade de investigadores como os do IGFAE que escudriñan os sinais do cosmos para entendelo