O curioso fenómeno que se produciu na Mariña de Lugo a finais de maio

O sistema de satélites Sentinel captou na mañá do 29 de maio un gran remuíño ao longo da costa oriental da provincia luguesa

“A primeira vista, a dicir verdade, eu persoalmente non estaba seguro de que fose unha imaxe real, porque me pareceu moi ‘curiosa'”, lembra Carlos Otero, de MeteoGalicia. Pero despois, ao comprobar as imaxes dos satélites do 29 de maio, viron que se producira un curioso fenómeno atmosférico ao longo de toda a costa oriental de Lugo e occidente de Asturias, entre Burela e Navia.

O que desde terra parecía un máis dos moitos episodios de néboa que se poden ver no litoral mariñao, desde o satélite tomou unha desas formas que lembran a tormentas tropicais. Porén, e afortunadamente, neste caso a espectacularidade só ficou nas imaxes. A fotografía comezou a difundirse a través da conta de Twitter Educación Forestal. O fenómeno, captado polo sistema Sentinel, produciuse xusto no momento no que o Sentinel-2, satélite que capta imaxes en alta resolución da superficie terrestre, pasaba sobre o norte de Galicia. De feito, como se pode ver baixo estas liñas, albíscase un fenómeno semellante na costa ártabra.

Publicidade

Imaxe do satélite Sentinel-2. A zona occidental vese parcialmente porque corresponde co límite do alcance do paso do satélite. Fonte: sentinel-hub.com.
Imaxe do satélite Sentinel-2. A zona occidental vese parcialmente porque corresponde co límite do alcance do paso do satélite. Fonte: sentinel-hub.com.

“Non podemos establecer con total certeza a orixe do fluxo de saída de aire da desembocadura do Eo que formou este vórtice (na imaxe vese que coincide coa liña que alimenta o ‘núcleo’ do remuíño). Grazas ás néboas podemos ver a traxectoria en espiral deste fluxo, e ademais non había outros fenómenos atmosféricos que xerasen ruído”, explica Carlos Otero. “Parece que ese día xa había néboas na costa, acumuladas no litoral polo nordés, pero polo demais a atmosfera apenas se movía. Ao chegar o aire desde o interior da ría, colidiron dúas masas a distinta velocidade e provocou que o aire fluíse nesta dirección”, engade o meteorólogo.

Na secuencia do 29 de maio que amosa a cámara de MeteoGalicia en Ribadeo, enfocando precisamente cara a Ponte dos Santos que cruza a ría de Ribadeo, pode verse como a partir das 12 da mañá, e ata as 14 horas, se produce un episodio de néboa mesta.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. Sen restarlle méritos ó artigo, que por certo, me parece que comenta algo moi curioso e interesante, polo que felicito ó autor, estou de acordo co comentario anterior.
    Non entendo que un redactor novo no se documente máis en canto ó que escribe nun medio dixital deste tipo, e máis aínda, cando é un tema de polémica. Este tipo de erro pareceríame máis apropiado atopalo nas páxinas de “La Voz de Galicia” nalgún deses artigos tendencioso e falto de rigor.
    Ou o redactor aínda sendo de Carballo tíralle Asturies? Vaites, vaites…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual