O abraiante antes e despois da erupción do Krakatau

O Anak Krakatau (fillo do Krakatoa, en indonesio) naceu pouco a pouco no lugar onde se produciu a gran catástrofe en 1883 que chegou a cambiar as condicións meteorolóxicas en todo o planeta. O tsunami provocado pola explosión da illa chegou a percibirse lixeiramente en Galicia.

Despois da gran explosión, a actividade continuou. O arquipélago de Krakatoa está nunha das zonas volcánicas máis activas do mundo, con erupcións e sismos constantes. Paseniño, o magma construíu unha nova illa, bautizada como Anak Krakatau que sufriu de novo unha gran erupción o pasado mes de decembro. O día 22, un gran deslizamento de terra provocou un novo tsunami que arrasou as costas das illas de Java e Sumatra, entre as que se sitúa Krakatoa. Faleceron centos de persoas (o balance aínda non é definitivo) e milleiros tiveron que desprazarse debido á desfeita causada polo mar.

Publicidade

A erupción do volcán xa comezara meses atrás, e decenas de vulcanólogos profesionais e aficionados levaban tempo documentando o suceso. Dous deles (Øystein Lund Andersen e James Reynolds) tomaron dúas imaxes que evidencian a magnitude do que aconteceu. A saída de magma continúa, e a paisaxe mudou totalmente.

As cifras aínda non están claras, pero as primeiras estimacións apuntan a que a altura da illa Anak Krakatau reduciuse dos 338 aos 110 metros, e perdeu máis de 150 millóns de metros cúbicos de volume.

Publicidade

Os expertos subliñan, con todo, que é posible que todo comece de novo. Despois do deslizamento, continuará a saída de magma, primeiro cara ao fondo do mar e, pouco a pouco, achegarase á superficie, ata formar de novo unha illa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así foi o ‘Ano sen verán’ en Galicia en 1816

A erupción cataclísmica do volcán Tambora en Indonesia deixou temperaturas invernais en todo o planeta naquel estío

Conseguen reducir nun 77% a transmisión do dengue grazas á infección dunha bacteria

Un ensaio realizado en Indonesia usa a bacteria "Wolbachia pipientis" nos mosquitos portadores do virus demostra que este se replica menos

Unha pintura de 43.900 anos achada en Indonesia revoluciona a arte rupestre

A revista "Nature" publica unha investigación na que se atoparon debuxos nunha cova das illas Célebes que marcarían un novo fito sobre a prehistoria

Así chegou a Galicia o tsunami do volcán Krakatoa

En 1883, a erupción do volcán provocou mareas colosais que sementaron o pánico nos portos galegos