Atopan a momia dun bisonte de 9.000 anos

Un equipo internacional de investigadores descubriu en Siberia a momia conxelada dun bisonte de 9.000 anos de antigüidade. O animal conserva o cerebro completo, o corazón, os vasos sanguíneos e o sistema dixestivo. Moitos grandes e carismáticos mamíferos, como o bisonte da estepa (Bison priscus) extinguíronse a finais da Idade de Xeo -hai aproximadamente 11.000 anos-. Un equipo de investigadores liderado pola Academia Rusa de Ciencias en Moscú achou en Siberia Oriental un destes bisontes literalmente conxelado no tempo. O descubrimento publicouse na revista Journal of Vertebrate Paleontology. Trátase da momia conxelada máis completa desta especie coñecida ata o momento e tería unha idade de 9.300 anos. Foi descuberta recentemente nas terras baixas de Yana-Indigirka (Siberia). Foto: Olga Potapova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo relaciona a debilitación das correntes oceánicas con idades de xeo máis longas e intensas

Unha investigación con participación da UVigo achega nova información sobre a evolución do clima e o papel do océano Atlántico no fenómeno

Que é a Besta do Leste? Os motivos polos que non debes preocuparte (se vives en Galicia)

O termo foi acuñado polos medios de comunicación trala intensa vaga de frío que conxelou Europa Central en 2018

Autopsia a unha momia de serea

Por Iria Souto Castro, investigadora de Historia Antiga na UVigo

Descobren os restos intactos dun cachorro de león cavernario de 28.000 anos

Descuberto conxelado no permafrost siberiano, está tan ben conservado que aínda se poden distinguir todos e cada un dos seus bigotes