As montañas xeadas de Plutón

Plutón ten montañas xeadas con picos de 3.500 metros de altura e parece estar xeoloxicamente activo. Estes son algúns dos datos sorprendentes revelados pola sonda New Horizons durante o seu sobrevoo do planeta anano. A nave tamén tomou novas fotografías da lúa Caronte, cunha paisaxe de canóns e estreitos vales. Tan só un día despois do sobrevoo que fixo a nave New Horizons nas proximidades de Plutón, os responsable desta misión da NASA xa ofreceron as esperadas primeiras imaxes da superficie do planeta anano. "Temos as primeiras mostras do tesouro científico recollido durante eses momentos críticos, e podo dicirlles que supera de sobra as nosas altas expectativas xeradas ao longo dos últimos anos", destaca John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA. Usando un termo do béisbol, o investigador principal de New Horizons, Alan Stern, do Instituto de Investigación do Sudoeste (SwRI, EUA) exclama: "Home run! " para referirse aos resultados sorprendentes e datos absolutamente marabillosos que está a enviar a sonda. A primeira imaxe en primeiro plano dunha rexión ecuatorial de Plutón, preto da súa brillante e característica estrutura en forma de corazón, mostra unha cadea de montañas con picos que sobresaen a alturas de 3,500 metros sobre a superficie deste corpo xeado.
Plutón ten montañas xeadas con picos de 3.500 metros de altura e parece estar xeoloxicamente activo. Estes son algúns dos datos sorprendentes revelados pola sonda New Horizons durante o seu sobrevoo do planeta anano. A nave tamén tomou novas fotografías da lúa Caronte, cunha paisaxe de canóns e estreitos vales. Tan só un día despois do sobrevoo que fixo a nave New Horizons nas proximidades de Plutón, os responsable desta misión da NASA xa ofreceron as esperadas primeiras imaxes da superficie do planeta anano. “Temos as primeiras mostras do tesouro científico recollido durante eses momentos críticos, e podo dicirlles que supera de sobra as nosas altas expectativas xeradas ao longo dos últimos anos”, destaca John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA. Usando un termo do béisbol, o investigador principal de New Horizons, Alan Stern, do Instituto de Investigación do Sudoeste (SwRI, EUA) exclama: “Home run! ” para referirse aos resultados sorprendentes e datos absolutamente marabillosos que está a enviar a sonda. A primeira imaxe en primeiro plano dunha rexión ecuatorial de Plutón, preto da súa brillante e característica estrutura en forma de corazón, mostra unha cadea de montañas con picos que sobresaen a alturas de 3,500 metros sobre a superficie deste corpo xeado. Foto: NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo