100 millóns de imaxes do Sol

Sol
O telescopio espacial Solar Dynamics Observatory da NASA tomou o 19 de xaneiro de 2015 a súa imaxe 100 millóns do Sol co seu instrumento Atmospheric Imaging Assembly, que obtén cada día 57.600 capturas coma esta última do astro rei e envía diariamente 1,5 terabytes de datos. Esta vasta colección de imaxes do Sol recompilouse en tan só os cinco anos que leva de actividade o observatorio. O Solar Dynamics Observatory foi lanzado o 11 de febreiro de 2010 para estudar o Sol e entender como inflúe na Terra e na nosa galaxia. / Imaxe: NASA/SDO/AIA/LMSAL.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo