Temporal sen tregua: aviso de nivel vermello por ondas de 10 metros

As condicións do mar empeorarán o sábado, sumándose ás enchentes polas fortes chuvias e as incidencias causadas polo vento

Moitos puntos de Galicia xa están experimentando problemas de inundacións e outras incidencias pola combinación das fortes precipitacións, o estado do mar e os refachos de vento, que superan os 150 quilómetros por hora por momentos. Pero a sucesión de temporais, por agora, non se detén, despois do paso de Daniel e Elsa en apenas tres días. A Axencia Estatal de Meteoroloxía avanzou para este sábado un aviso de nivel vermello por ondas que poderían superar os 10 metros na costa galega. Será debido a unha cicloxénese explosiva, xa que se trata dunha borrasca que se profundizará rapidamente ao baixar a súa presión máis de 20 milibares en 24 horas.

O nivel vermello quedará activado desde as 18 horas ata, alomenos, a medianoite do sábado ao domingo, entre a ría de Arousa e estaca de Bares, e será laranxa no resto da costa galega. Ademais, en toda Galicia o nivel será laranxa por ventos de máis de 100 quilómetros por hora xa desde a madrugada do venres ao sábado. Por outra banda, choverá intensamente, e de forma especial no interior da provincia de Pontevedra, onde se agardan máis de 40 litros por metro cadrado en menos de 12 horas e estará activado o aviso amarelo.

Publicidade

Ventos de máis de 160 km/h

Así, é posible que se cheguen a superar os fortísimos refachos de vento rexistrados estas pasadas horas, cun máximo de 160,5 km/h nas Neves, 152 en Oia, 142 en Viveiro, 135 en Bueu e Vimianzo e 134 en Cervantes. En canto ás chuvias, o mércores caeron 99 litros por metro cadrado en Santa Comba e 98 en Val do Dubra.

As constantes precipitacións e o vento están provocando serios problemas en moitos puntos do país, unha situación que levou á Xunta a elevar o nivel de alerta a emerxencia en situación 1 debido ás inundacións. Desde a Axencia Galega de Emerxencias, a partir da información de augas de Galicia, advirten de aumentos de caudal nas bacías dos ríos Landro, Miño, Ouro (Lugo), Mero, Xallas, Tambre, Eume (A Coruña), Miño, Umia e Verdugo (Pontevedra) e Arnoia, Caldo e Miño (Ourense). Do mesmo xeito, os altos niveis aos que chegaron os embalses poderían levar á apertura de comportas nalgúns casos, que incrementarían tamén o nivel de ríos. É o caso do río Xares, no leste de Ourense, segundo se informou desde a empresa xestora da presa de Prada, en Ponferrada.

Publicidade

En total, a Axencia Galega de Emerxencias rexistrou máis de 1.000 incidencias en apenas 36 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias